A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou este mércores aos nenos e nenas asistentes aos talleres de inmersión ao galego postos en marcha polo Concello no Centro de Convivencia do Sagrado Corazón.
Deporte e solidariedade déronse a man este domingo no Corre con Nós que se disputou pola estrada de Ombreiro. Así o manifestou o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta proba.
O Concello convida aos máis cativos a ler con seis novas actividades gratuítas postas en marcha co obxectivo de fomentar a lectura entre os nenos e nenas luguesas.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, mantivo este martes unha reunión cun representante do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González Palau.
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente do Prone Lugo, Ovidio Pérez, e un membro da directiva deste club, Manuel Vázquez, presentaron este martes no Salón de Plenos o XVII Torneo Futsal Prebenxamín, que organiza o club coa colaboración do Concello os sábados dos me
A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, gardou un minuto de silencio na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, como mostra de condena polo crime da moza Tatiana V.A.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reiterou este luns o compromiso do Concello coas persoas máis vulnerables, asegurando que a entidade local seguirá traballando co tecido social para mellorar a calidade de vida dos seus membros e familias.
O Concello manifesta a súa firme condena e máxima repulsa ao crime que acabou coa vida da moza veciña de Lugo Tatiana V.A.
Membros da Corporación Municipal asistiron este venres aos diferentes actos organizados pola Fundación Secretariado Gitano de Lugo e a Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano no campo de fútbol Luis López Gorgoso.
O Corpo de Bombeiros de Lugo expresou este venres a súa solidariedade coa familia de Eloy Palacio, o bombeiro falecido onte durante un incendio en Oviedo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- …
- seguinte ›
- última »