Centro de Empresas e Innovación (CEI) E NODUS

O Centro de Empresas e Innovación (CEI) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais. Para elo o patrocinase a cooperación entre as empresas situadas no Centro co obxectivo de conseguir unha mellor inserción no mercado.

A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo.

Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Estas tres áreas de servizo buscan promover novos investimentos na provincia de Lugo por medio de iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento económico do concello e especificamente a:

  • Fomentar empresas cun selo de calidade.
  • Dinamizar a cooperación empresarial.
  • Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
  • Crear un medio idóneo en canto a prezos e a servizos que lles permitan ás iniciativas empresariais desenvolver o seu plan de empresa para que, cun tempo de estancia limitado no Centro, estean en situación de competir dentro das condicións do mercado.
  • Servizos
  • Espazos
  • PAIT 
  • Admisión
  • Axudas e subvencións

Actualidade

O Executivo de Paula Alvarellos pon en marcha axudas para entidades que contribúan a dinamizar a economía e a xerar emprego en Lugo
Martes, 16 de abril de 2024

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá as bases e a apertura da nova convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a que o executivo destinará 22.500 euros.

“Queremos seguir brindando apoio a todas aquelas iniciativas e proxectos locais cos que se acade a xeración de emprego”, explicou Mauricio Repetto.

O Concello de Lugo opta a dous obradoiros cos que pretende xerar 42 novos empregos
Martes, 19 de marzo de 2024

Trátase  de dous procesos de capacitación, un de xardinería  e albanelaría, de doce meses de duración, e outro de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que duraría 9 meses.

Estas ferramentas forman parte dos recursos contemplados polo Goberno local para mellorar as zonas verdes da cidade e ampliar a atención social, iniciativas nas que nos últimos anos investiuse unha cantidade elevada de recursos.

“Agrardamos que estas iniciaitivas municipais, encamiñadas a xerar emprego e mellorar a capacitación profesional da nosa mocidade, sexan acollidas polo Goberno autonómico”, manifestou a alcaldesa Paula Alvarellos.

O Executivo de Paula Alvarellos incorpora seis novos proxectos empresariais ao CEI-Nodus municipal
Sábado, 16 de marzo de 2024

O edil de Dinamización Económica mantivo un encontro cos usuarios e usuarias deste viveiro, no que lles mostrou o apoio do Concello, dentro da súa aposta polo “fomento da innovación e a cultura emprendedora en Lugo”.

Repetto deu a benvida a seis novos proxectos que ocuparán outros tantos locais no CEI e que ofrecen servizos diversos: dende deseño e rotulación ata coach e asesoramento.

Así mesmo, presentoulles a nova normativa reguladora de uso e cesión dos espazos coa que o Executivo municipal busca potenciar o ecosistema emprendedor lucense.

O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense
Martes, 05 de marzo de 2024

A Xunta de Goberno Local aprobará esta semana a nova normativa que introduce cambios e melloras con respecto á vixente, do ano 2012.

Repetto: “Buscamos facilitar unha maior rotación nos locais, dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”.

Os solicitantes só poderán optar a un local e as cesións de uso terán unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de 3 anos.