Medidas previstas para a Celebración da Festividade de Santos no Cemiterio Municipal de San Froilán

Medidas previstas para a Celebración da Festividade de Santos no Cemiterio Municipal de San Froilán

1. Para o acceso ao recinto é obligatorio o uso de mascarilla e a utilización de xeles desinfectantes de máns. Deberase respectar a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros. Aforo máximo 2.000 persoas.

2. Horario de acceso para visitas, limpeza e ornamentación:

  • Do día 21 ao 24 de outubro de 14.00 a 19.00 horas
  • O día 25 de outubro de 11.00 a 19.00 horas
  • Do día 26 ao 31 de outubro de 14.00 a 19.00 horas
  • Día 1 de novembro de 10.00 a 19 horas
  • Día 2 de novembro de de14.00 a 18 horas

3. O día 1 de novembro non se permiten actividades de limpeza.

4. Entradas ao recinto:

  • a) Cemiterio tradicional: será pola porta principal que se dividirá en 2 accesos de entrada custodiados, cada un deles, por 1 persoa de seguridade. A saída será pola porta lateral de emerxencias
  • b) Zona nova: a entrada será pola porta principal que se dividirá en 2 accesos, neste caso 1 de entrada e 1 de saída, custodiadas, cada un deles, por 1 persoa de seguridade

5. Instalaranse sinais claras de  entrada, saída e dirección.

6. Nas entradas e nas saídas haberá persoal de seguridade e persoal de control. No interior do recinto haberá persoal para control do aforo.

7. O servizo contará con reforzos de protección civil e policía local.

8. Limítase a 1 hora a permanencia das persoas no recinto e a 3 persoas por unidade de enterramento. Non poden estar máis de 3 persoas xuntas por cada unidade de enterramento.

9. Haberá cadeiras de rodas a disposición das persoas que o precisen, debendo solicitalas ao persoal da entrada, segundo disponibilidade.

10. Prohíbese o uso do mobiliario urbano e o acceso aos aseos será só no caso de urxencia, previa autorización do persoal do Cemiterio.

11. A utilización de regadeiras require o uso obrigado de luvas.

Todo isto a expensas de que as autoridades sanitarias da Xunta de Galiza establezan outras medidas máis restrictivas que as anteriores.