Corte tráfico rodado rúa Luis Cordeiro

O domingo, 21 de outubro de 2018, vaise proceder ao corte de tráfico rodado pola rúa Luis Cordeiro, con motivo dunha ocupación de dita vía.

A entrada e saída de persoas usuarias de garaxes farase pola rúa Miguel de Cervantes. A empresa instalará a sinalización circunstancial establecida polo Gabinete de Tráfico da Policía Local e disporá de operarios sinalistas correctamente equipados que regularán o tráfico rodado e peonil pola zona, garantindo a seguridade.