Corte da rúa do Portiño

A rúa do Portiño permanecerá cortada ao tráfico o vindeiro domingo, 26 de xullo, para a instalación dunha grúa torre de obra. O corte manterase inicialmente todo o día, de 8.00 a 22.00 horas, aínda que, de rematar antes os traballos, restablecerase de inmediato a circulación. O tránsito peonil non se verá afectado.