Coñecer para previr. Con ese obxectivo, o Concello de Lugo organizará esta semana unha programación específica para informar á poboación de como actuar en caso de incendio e como evitar riscos, amosando o labor que desenvolven os servizos de emerxencia que operan no municipio.
O executivo de Lara Méndez organiza este luns e martes o encontro de danza galega e portuguesa “ConVIVO”, enmarcado na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada dos edís de Medio Rural e Gobernanza, Miguel Fernández e Paula Alvarellos, mantivo un novo encontro este sábado coa veciñanza da Louzaneta para avanzar na urbanización deste sector da cidade e continuar, así, dando pasos na súa ordenación, tras moitos
O Concello de Lugo celebra este martes, na Praza Maior, o Día de Europa, unha efeméride que cada 9 de maio conmemora o aniversario da histórica Declaración de Shuman, asinada en 1950.
O Tour do Talento despedirá a súa parada en Lugo durante a fin de semana cunha completa programación de ocio e lecer destinada, especialmente, aos mozos e mozas da cidade, pero tamén con actividades para todos os públicos e idades.
O ciclo de conferencias “Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular”, chega ao Vello Cárcere todos os martes de maio, enmarcado na programación impulsada polo goberno de Lara Méndez con motivo da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.
A concellería de Medio Ambiente está a ornamentar as prazas da cidade con 40.000 plantas en flor para embelecer Lugo na campaña desta primavera.
O Tour do Talento, iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona coa colaboración do Concello de Lugo, chega esta semana á capital luguesa para impulsar e poñer en contacto o talento dos mozos e mozas da cidade.
A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, perfila xa o calendario de roza que se levará a cabo este ano nas parroquias do concello.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro este luns co novo delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, na súa primeira visita institucional ao municipio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »