A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da Corporación Municipal, recibiu este venres na Casa Consistorial aos Reis Magos –Melchor, Gaspar e Baltasar–, tralo desfile polas rúas de Lugo, que deu comezo no Parque da Milagrosa e finalizou na Praza Maior.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de remitir unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladando a disposición do Concello para ceder a totalidade dos terreos permutados con Afundación no Sagrado Corazón (5.764’59 m²) co fin de que o Executivo autonómico po
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta mañá na Casa Consistorial ao xornalista Manuel Campo Vidal. A rexedora e o histórico escritor e sociólogo conversaron durante preto dunha hora, período no que trataron diversos temas de actualidade.
A Calzada da Ponte loce totalmente renovada tralos traballos de peonalización e humanización cos que o Goberno de Lara Méndez mellorou o confort desta vía, potenciando o seu uso e disfrute por parte da cidadanía, ao tempo que puxo en valor o Camiño Primitivo e a Vía Romana XIX.
O Executivo de Lara Méndez trasladaba hoxe a súa estrañeza polo feito de que o Concello de Ferrol tivera empregado para facer pasar por propia unha gráfica que ilustra o estado que terá a rúa Montevideo trala súa humanización, unha vez rematen os traballos de peonalización que se están executando
O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Cohesión Social que dirixe a tenenta de alcaldesa Ana González Abelleira, abrirá o próximo luns, 11 de decembro, o prazo de inscrición das Aulas Abertas para as vacacións de Nadal.
A alcaldesa, Lara Méndez, destacou esta tarde na gala de entrega das Medallas de Ouro da cidade aos 19 colectivos de recreación histórica do Arde Lvcvs o valor do pasado cultural de Lugo como motor para acadar unha sociedade máis tolerante.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá no acto de lectura do manifesto e ofrenda floral con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebrou ás 12 horas fronte a Árbore da vida, na praza de Santo Domingo.
O Executivo de Lara Méndez, a través da Area de Cohesión Social que dirixe Ana González Abelleira, desenvolve desde hoxe, e ata o próximo 2 de decembro, unha completa programación para conmemorar o Día Internacional para a eliminación de violencia contra a muller.
A área socialista do Goberno local defenderá no pleno ordinario deste mes unha proposición na que reclama ao Goberno autonómico que acometa as obras necesarias nas infraestruturas viarias da provincia co obxectivo de acadar unha mellora real da mobilidade no noso territorio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »