A alcaldesa, Lara Méndez, despediuse esta mañá do comisario principal de Lugo, José María Esteban del Corral, quen se xubila tras 40 anos de servizo a cidadanía na Policía Nacional.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto co Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo visitaron ao Mago Antón, que durante o San Froilán realizará o seu espectáculo itinerante O San Froilán Máxico no teu barrio.
O Concello de Lugo continúa a promocionar a cidade como destino turístico e cultural.
A brigada de loita contra o lume do Concello de Lugo limpou xa máis de 72 hectáreas de terreo na zona rural do municipio co obxectivo de preservar a seguridade nos núcleos rurias das 54 parroquias.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades relacionadas coa cultura tradicional galega organizadas dentro do San Froilán 2023.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da vicepresidenta da Comisión Europea para asuntos de Democracia e Demografía, Dubravka Šuica; o secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya; e o secretario de E
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou a terceira edición Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha proposta cultural que terá lugar a fin de semana do 23 e 24 de setembro.
O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo autorizará aos distintos locais de hostalería da cidade a instalación de caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán.
Rubén Arroxo, Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron as tres primeiras actividades do programa do San Froilán 2023.
O Goberno local de Lara Méndez aposta por achegar a política á veciñanza. Deste xeito, o Executivo realizará un investimento de 126.655 euros para transformar o sistema de retransmisión das sesións plenarias e optimizar o funcionamento interno das mesmas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »