A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns sendos encontros con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, no que tamén estivo o Concelleiro de Persoal e Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, e co Colexio de Avogados de Lugo.
Este luns, 15 de febreiro, ás 12:00 horas quedou constituído o IX Goberno Municipal Infantil, en presenza de diversos membros da Corporación Local.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres un encontro coa presidenta e a tesoureira da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Lugo, María Luz Abella e Ángeles Encinas, dentro da súa continua rolda de reunións con colectivos sociais da cidade.
O Concello de Lugo condenou este venres, nunha concentración celebrada ante a Casa Consistorial, o crime machista ocorrido onte en Becerreá, o primeiro en Galicia no que vai de ano e o noveno do Estado.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os concelleiros de Medio Rural, Miguel Fernández, e Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisarán este venres pola tarde as obras que acometeu o Concello co fin de ampliar a rede de abastecemento na parroquia de Santiago de Meilán, nas que inv
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na gala de entrega do V Premio Xoven Empresario de Galicia, organizado por primeira vez na cidade lucense por AJE Galicia e que reuniu no Museo Interactivo da Historia (MIHL) a máis de 200 persoas de toda a comunidade.
O Concello está a levar a cabo o desbroce da parcela de titularidade municipal situada en fronte do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Trátase duns terreos que se acondicionarán como estacionamento, co que se crearán en torno a 330 prazas. Este proxecto contempla varias fases.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este xoves que o Concello vén de solicitar fondos europeos do programa Interreg - POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal) co fin de investir máis de 610.000 euros no estudo, recuperación, posta en valor e difusión a través das T
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, entregaron este mércores no Salón de Plenos os premios do XXI Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, realizou este mércores unha visita á empresa de telemarketing Abante BPO, situada no Ceao, acompañada da directora de recursos humanos, Mercedes Vázquez, e da directora do centro de Lugo, Ana Fraga.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- …
- seguinte ›
- última »