
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo unha reunión con Fernando Rois e José Portomeñe, presidente e secretario da Asociación de Veciños de Albeiros, para escoitar o interese deste colectivo por dedicarlle unha rúa a Luis Soto Camino.

Coa idea de unificar criterios e unir vontades, responsables do Eixo Atlántico mantiveron unha xuntanza co presidente do Consello Económico e Social de Galicia para impulsar un gran movemento social e coordinar iniciativas conxuntas en defensa do corredor atlántico.

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández recibiu da man e Ivan Cancela, Director da Escola Galega de Adestradores un agasallo como agradecemento polo apoio prestado polo Concello, contribuíndo así á consecución dos fins e obxectivos plasmados ano tras ano en nome de todo o equipo a entrega do

Lara Méndez recibiu no despacho da Alcaldía, a José Antonio Varela Agrelo, presidente da Audiencia Provincial de Lugo, con motivo da súa marcha.

Na Casa Consistorial do Concello de Lugo ondeará a bandeira das Nacións Unidas ata o 25 de outubro.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e membros da Corporación, participaron este luns na Praza Maior nos actos conmemorativos do Día Internacional contra o Cancro de Mama.

O Goberno de Lara Méndez anunciou hoxe que a licitación dos dous aparcamentos alternativos, públicos e gratuítos, que xa anunciara na presentación da construción dos 14 quilómetros da senda verde ciclista, irán mañá a Xunta de Goberno Local para a súa aprobación.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez vén de solicitarlle ao presidente da Xunta de Galicia un encontro persoal para abordar “dende a lealdade e a colaboración” os retos de futuro do Concello de Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas na Catedral conmemorando o día do patrón de Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este domingo á pregoeira do San Froilán 2020, Tonina Gay, e destacou que é “unha grande honra que hoxe nos acompañe no inicio destas celebracións patronais e que sexa a voz do San Froilán unha das persoas que nos fixo tanta e tan boa compañía a varias x
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »