
O executivo de Lara Méndez aprobou na Xunta de Goberno Local a concesión de 161 novas axudas enmarcadas dentro do Plan Reanima, por un importe total de 160.230 euros. Trátase de axudas a lucenses que estaban pendentes de liquidar as súas débedas co Concello para poder percibir esta prestación.

O Executivo de Lara Méndez reduciu a 8,01 días o Período Medio de Pago (PMP) aos provedores do Concello de Lugo no último mes contable pechado, que é xullo, debaixo do límite legal, establecido en 30 días.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns un encontro con representantes do sector hostaleiro da Milagrosa para valorar as novas medidas decretadas po la Consellería de Sanidade, como consecuencia da evolución epidemiolóxica na cidade, e que inclúen restricións

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de solicitar esta mañá unha reunión coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para abordar os termos nos que terá lugar a volta ás aulas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ante as directrices avanzadas hoxe pola Xunta de Galicia, que impón medidas máis restritivas ao municipio ante a evolución do brote de coronavirus, insta á cidadanía a extremar ás precaucións para “que entre todos poidamos controlar unha situación xa moi preocupa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, para abordar as preocupacións do sector con relación ás novas limitacións de apertura e a redución de horarios imposta para fr

O executivo de Lara Méndez aprobou este mércores na Xunta de Goberno Local a adxudicación das obras do edificio Impulso Verde, por 1,5 millóns de euros.

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá a contratación do servizo de mantemento, conservación e reparación das instalacións deportivas municipais, por un importe total de 100.000 euros. A empresa adxudicataria foi Repasegur Galicia, que presentou a oferta máis vantaxosa.

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellaría de Medio Ambiente, comezou xa este mes a campaña anual de control de estorniños, o que supón iniciala cun mes de antelación a anos anteriores, tras detectarse unha concentración de 35.000 exemplares no Parque da Milagrosa / Frigsa.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, encargouse hoxe de levar a cabo a homenaxe institucional que o concello de Lugo, desde a área de Cultura, realizou polo día da Galiza Mártir a todas as persoas represaliadas polo franquismo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »