Actualidade

Ex., 02-12-2021
Ex., 02-12-2021
Venres, 12 de novembro de 2021
Lugo renova os seus xardíns e espazos públicos con 25.000 plantas para a campaña outono-inverno

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou as plantacións, “que nos axudan non só a manter unha cidade bonita senón con mellor saúde ambiental”.

Esta semana traballáronse nos espazos axardinados da Rúa Pintor Laxeiro, xunto a Fonte do Rei, nas rotondas de Garabolos e a Praza de Santo Domingo.

Xoves, 11 de novembro de 2021
Lugo, conxuntamente coa experiencia de nove países, preparará unha proposta para mellorar a xestión de fondos europeos

A cidade acollerá un seminario EURE para debater as conclusións que se trasladarán posteriormente tanto ao Goberno español como á Comisión Europea.

Lara Méndez destacou a importancia que ten que Lugo fora a elixida para acoller este reunión por ser unha das cidades con maior proxección dos proxectos europeos que desenvolve.

Lugo e as urbes galegas con estratexia Edusi explicarán as súas boas prácticas, que debaterán con delegados de Chipre, República Checa, Letonia, Polonia, Francia, Bélxica, Italia e Rumanía.

Xoves, 11 de novembro de 2021
O 75% dos deportistas que participarán nas ‘Special Olympics Galicia’ son de Lugo

Os xogos celebraranse este sábado, 13 de novembro, no Polideportivo Municipal Casa do Deporte.

A inauguración da proba terá lugar ás 11:15 horas, estando prevista a súa clausura para as 20:00 horas nas mesmas instalacións.

Xoves, 11 de novembro de 2021
A área de Medio Ambiente desenvolveu un operativo intensivo de limpeza no Paseo do Miño

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou esta mañá os traballos, que se concentraron no treito comprendido entre o Balneario e as instalacións de O Muíño e que continuarán co acondicionamento do firme.

O dispositivo, composto por unha brigada dotada cun tractor e cinco operarios, se encargou de rozar e limpar a maleza para mellorar o estado no que se atopa este sendeiro peonil.

Xoves, 11 de novembro de 2021
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a rúa Alcalde Xosé Novo Freire, onde se realizarán actuacións para o calmado do tráfico

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas visitaron a rúa con veciños da zona para escoitar as súas peticións

Alexandre Penas: “melloraremos a seguridade vial na zona e poñeremos especial énfase nos accesos á zona infantil recentemente habilitada polo Concello”

Xoves, 11 de novembro de 2021
O Concello manterá un encontro cos titulares de vaos de uso temporal para escoitar as súas demandas

Actualmente, na cidade hai 48 permisos destas características, dos 4026 que se atopan en vigor, que se viron afectados pola revisión da normativa local en 2020.

Paula Alvarellos, edil de Gobernanza: “Unha das directrices do Executivo de Lara Méndez é sempre abordar coa veciñanza todas aquelas problemáticas que lles afecten para tratar de conciliar as solucións”.

Mércores, 10 de novembro de 2021
O Concello de Lugo contribuíu nos últimos anos á inserción sociolaboral de 156 persoas con enfermidade mental

O Executivo de Lara Méndez colabora co programa Juntos Somos Capaces da Fundación Mapfre e FEAFES, ofrecendo prácticas laborais nas empresas que prestan servizos municipais na área de Medio Ambiente.

A edil de Benestar, Olga López Racamonde, enxalzou o alcance da iniciativa á que cualificou como “unha oportunidade real de lograr a inclusión e pular pola igualdade de oportunidades”.

Mércores, 10 de novembro de 2021
Maite Ferreiro: “o Auditorio Municipal conta con 23 eventos de aquí a final de ano, entre os que se inclúen 18 organizados pola área de Cultura”

A concelleira de Cultura respostou ao portavoz do PP e reclamou “que a Xunta de Galiza colabore co tecido cultural de Lugo apoiando iniciativas como o Lugo Cultural, sostido por Concello, USC e Deputación”

O concello de Lugo conta co portal entradaslugo.es que permite adquirir as entradas para as actividades propias “a prezos asequibles e sen pagar gastos de xestión”

Maite Ferreiro adiantou que “de cara ao primeiro trimestre de 2022, o Auditorio Municipal conta con máis de 50 actividades entre actividade do Concello e iniciativas privadas”

Páxinas