Actualidade

Ex., 02-12-2021
Ex., 02-12-2021
Luns, 15 de novembro de 2021
A alcaldesa supervisa os labores de limpeza integral no barrio da Milagrosa, que reforzan os traballos de carácter ordinario

Lara Méndez lembrou que estes reforzos se manterán ata que se licite o novo contrato de limpeza e recollida de lixo, que renovará na súa totalidade ao actual.

A actuación comezou a primeira hora na Praza de Agro do Rolo e durará entre unha semana e dez días, para logo continuar no barrio de A Cheda.

Domingo, 14 de novembro de 2021
O Goberno de Lugo renovará o alumeado en 3 novas rúas da contorna da avenida das Américas

Rubén Arroxo anunciou que “avanzamos na instalación de lámpadas led de baixo consumo nas rúas Ameneiro e Pomar, ademais de continuar coa renovación da avenida das Américas”

O Goberno de Lugo vén de aprobar o proxecto de renovación, que sairá a licitación cun orzamento máximo de 314.555,50€  e terá un prazo de execución de 14 semanas

Domingo, 14 de novembro de 2021

Maite Ferreiro: “contaremos con xogos tradicionais, poesía e música para celebrar esta data, importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”

As actividades terán lugar o domingo 28 “para facilitar a asistencia da veciñanza ás actividades”

Sábado, 13 de novembro de 2021
Lara Méndez aplaude aos 75 deportistas dos XXV Xogos Galegos Special Olympics, “por ser o mellor exemplo de superación”

A competición celebrarase en Lugo ao longo de todo o día no Polideportivo Municipal Casa do Deporte, coa participación de 7 asociacións de toda Galicia.

A alcaldesa destaca a importancia da cita, “que axuda a rachar estereotipos e prexuízos, e que promove a inclusión real das persoas con diversidade funcional a través do deporte”.

Sábado, 13 de novembro de 2021
Abre ao tráfico o novo cruceAbre ao tráfico o novo cruce entre a rúa Santiago e a Ronda da Muralla entre a rúa Santiago e a Ronda da Muralla

Arroxo: “desde hoxe queda funcionando definitivamente o novo ordenamento do tráfico neste treito, que aumentou a fluidez e reduciu as longas colas que se producían no pasado”

“As veciñas e veciños de Lugo contamos xa cunha nova zona de paseo arredor da Muralla e coa estética renovada do punto da cidade onde conflúen tres patrimonios da humanidade”, afirmou Rubén Arroxo

Sábado, 13 de novembro de 2021
Chega ao MIHL a exposición Cartela B, que recompila os murais da segunda edición do Culturban

A concelleira de Cultura participou hoxe na inauguración desta mostra, que se poderá visitar no MIHL ata o mediados de xaneiro de 2022

Ferreiro: “con esta acción damos espazo a propostas de arte emerxentes, buscando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e dando unha nova oferta de lecer para as veciñas e veciños”

Venres, 12 de novembro de 2021
Urbanismo regula a tramitación de títulos habilitantes para obras de edificación establecendo prazos de resposta para Administración e administrados

A Coordinación da Área aprobou esta mañá unha Instrución con indicacións claras sobre os pasos que debe seguir o procedemento para axilizalo.

Entre as medidas adoptadas figura a elaboración independente dos informes de Arquitectura e Enxeñería que, á súa vez, deberán incorporar xa as consideracións pertinentes do resto de departamentos.

O Concello realizará, a partir de agora, un único requerimento de subsanación por escrito ás e aos promotores que disporán dun mes para entregar a documentación coa advertencia da caducidade do expediente aos 3 meses.

Venres, 12 de novembro de 2021
Preto dun centenar de deportistas participan este domingo no XXX Duatlón Cidade de Lugo, que se recupera tras a pandemia

O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, puxo en valor a importancia de ir recuperando á normalidade “polo que representa para os participantes e de atracción de visitantes”.

O campionato respectará todas as medidas de prevención establecidas polo Protocolo Fisicovid-DXT da Federación Galega de Tríatlon.

Páxinas