Actualidade

Ex., 03-12-2021
Ex., 03-12-2021
Xoves, 18 de novembro de 2021

Os sete policías deberán pasar agora o curso de capacitación para a nova categoría na Academia Galega de Seguridade Pública.

Xoves, 18 de novembro de 2021

Con motivo dos protocolos COVID, a organización distribuirá os espazos convenientemente nunha zona próxima á saída e informará das quendas de saída, así como dos horarios na páxina web.

A carreira, estará limitada a 1.500 adultos e toda a información do evento estará dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com.

Xoves, 18 de novembro de 2021
O Concello agarda poder licitar antes de que remate o ano o arranxo das máis de 200 deficiencias coas que foi entregado o Auditorio

Paula Alvarellos, avanzou hoxe que o proxecto que recolle as solucións aos danos que presenta o inmoble se atopa xa moi avanzado.

A Administración local optou por suspender o contrato e adxudicalo de novo debido aos adiamentos inxustificados nos que incorría a empresa anterior.

Dende que foi recibido o edificio o Concello mantén unha supervisión constante sobre o seu estado de conservación.

Xoves, 18 de novembro de 2021
O Goberno de Lugo instala paneis con lendas no barrio da Ponte para potenciar “o atractivo turístico da zona”

A Tenencia de Alcaldía recompilou seis lendas tradicionais da zona de Lugo, en colaboración con Antonio Reigosa, e contou coa ilustradora local Noemí López para o deseño dos paneis

Arroxo: “animamos á veciñanza a pasear polo barrio e coñecer as lendas relacionadas co Río Miño ”

Xoves, 18 de novembro de 2021
O Concello avanza na modificación da Unidade de Actuación CS – 5 para converter en zona verde as costas do Parque

A asistencia técnica que realizou o estudo de alternativas da URPI 58 entrou xa na fase de recopilación de documentación para que a Consellería de Medio Ambiente proceda á avaliación ambiental estratéxica da opción escollida.

Paralelamente, a Administración mantén informado ao TSXG dos pasos dados para a execución da sentenza que obriga á reposición da legalidade urbanística na parcela.

A área de Medio Ambiente instará, pola súa parte, á promotora do Garañón a limpar, de novo, o soar que logo dun ano dende a anterior, precisa doutra roza.

Xoves, 18 de novembro de 2021
Lara Méndez propón outorgar as Medallas de Ouro 2021 ao persoal municipal que garantiu o funcionamento do Concello na COVID-19

A alcaldesa quere enxalzar o labor desenvolvido polos traballadores e traballadoras da Administración local que exerceron as súas funcións de maneira presencial durante o primeiro Estado de Alarma.

O recoñecemento súmase así ao outorgado o ano anterior aos colectivos profesionais que cubriron os servizos esenciais no inicio da pandemia.

A celebración dámbalas dúas edicións terá lugar nunha cerimonia conxunta o vindeiro 30 de novembro, no MIHL.

O acto coincidirá coa celebración do XXI aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Xoves, 18 de novembro de 2021
Lara Méndez reivindica o enorme impulso que supón para o feminismo os movementos sociais como o #MeToo

A alcaldesa de Lugo destaca a andaina persoal e profesional de María Xosé Porteiro, autora do libro #EuTamén, así como seu compromiso e a súa loita pola igualdade da muller.

Mércores, 17 de novembro de 2021
Méndez reúnese cos directores dos colexios para coñecer as súas necesidades e coordinar os horarios dos centros e dos conserxes

A alcaldesa, xunto coa concelleira Paula Alvarellos, establece un protocolo cos centros escolares para atender as particularidades horarias de cada un deles.

Páxinas