Actualidade

A iniciativa enmárcase na estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía local impulsada pola alcaldesa, Lara Méndez.
O primeiro film, ‘Glengarry Glen Ross’, proxectarase mañá, de xeito gratuíto, nos exteriores do Centro de Emprendemento e Innovación municipal (CEI Nodus).

A apertura será de luns a venres, de 12.00 a 20.30 horas e, de 12.00 a 20.00 horas, os sábados e os domingos, en horario continuo.
O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto informou que se manteñen os prezos de tempadas anteriores, ofrecendo tamén a opción de adquirir abonos.

A rexedora supervisou in situ o avance das obras que as persoas residentes no barrio solicitaron durante a campaña de participación do Plan de Embelecemento Urbano.

Servizos destacados durante a fin de semana do 24 ao 26 de xuño/22.

O alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo, oferente deste ano, destacou que debemos avanzar cara a unha sociedade máis tolerante e máis xusta, na que todo o mundo teña cabida.

As actividades, dirixidas a mocidade, desenvolveranse do 27 ao 29 de xullo, de 11:30 a 13:30 horas. En caso de choiva, trasladaranse ás instalacións de Gravitty.

O executivo de Lara Méndez organizará o día 28 unha programación con talleres temáticos, contos teatralizados e unha gran festa final para unha xornada de concienciación e alegría.
A rexedora anima á participación: “Esta loita implícanos a todos para eliminar as discriminacións que aínda se manteñen e para lembrar ás persoas que aínda as sofren”.
Ás 20.00 horas, o Concello participará, xunto ás asociacións Alas, Avante LGTB+, Agrocuir e Sete Outeiros, nunha manifestación pola igualdade e dignidade efectiva e real.

A alcaldesa, Lara Méndez, enmarca as accións no impulso da zona fluvial como zona de ocio e deporte que está a impulsar o Concello desde todas as áreas.
Os participantes poderán practicar kayak, padel surf e rafting no entorno do río Miño.
Os mozos e mozas interesadas en participar, poderán inscribirse en www.lugomasxti.org, dende o 27 de xuño ata o 27 de xullo.
En total hai dispoñibles 160 prazas, cun máximo de 20 persoas por grupo, os mércores e sábados dos días 6, 10, 13, 17, 20, 24, 27 e 31 de agosto.

A Xunta de Goberno autorizaba esta semana a contratación dos labores que, unha vez adxudicados, terán un prazo de execución de dous meses.
Miguel Fernández, anunciou hoxe tamén a finalización dos traballos de acondicionamento da N-540 á estrada de Bazar e da N-540 ao núcleo de O Corral de Abaixo, na parroquia de Calde.

Méndez destacou a importancia de dar pasos na educación dos mais cativos, motivando o seu crecemento persoal, xa que “son o futuro de Lugo”.
A rexedora inaugurou a Praza da Paz Mundial, un punto de achegamento, incluído na maqueta, en busca dun beneficio común, a paz no mundo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »