Actualidade

Ex., 05-12-2021
Ex., 05-12-2021
Venres, 26 de novembro de 2021
O LIFE, proxecto sostible de Lugo, protagonista no lanzamento da plataforma internacional UrbanByNature en España

A alcaldesa, Lara Méndez, destaca o interese do encontro, “que busca solucións baseadas na natureza para deixar urbes máis sas e saudables, como estamos a facer na nosa cidade”.

O Concello compartiu a súa experiencia na loita contra o cambio climático, como o Impulso Verde e o Barrio Multiecolóxico, xunto con outras cidades galegas, lusas e irlandesas.

Xoves, 25 de novembro de 2021
Lara Méndez destaca o 25N como unha xornada de unidade pero tamén de reivindicación na loita contra as violencias machistas

A alcaldesa presidiu o acto institucional do Concello de Lugo e abriu a mesa redonda na que se puxeron sobre a mesa os riscos da violencia dixital.

A fundadora de Fademur, Rosa Arcos, alertou no manifesto do acto municipal “que o negacionismo da violencia contra as mulleres volve gañar espazos, pero non imos ceder”.

Xoves, 25 de novembro de 2021
da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Ferreiro: “contaremos con poesía e música para celebrar esta data, importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”

As actividades realizaranse no adarve da muralla durante a tarde do día 30

Xoves, 25 de novembro de 2021

O Goberno local rexeitou a proposición do Partido Popular á que cualificou como “unha medida illada que obedece a políticas de inmediatez, só baseadas en incentivos fiscais con imposicións para os Concellos”.

A tenente de alcaldesa, Paula Alvarellos, descartou tamén recorrer ás ECCOM como certificadoras das licenzas municipais e defendeu a función pública “en prol das garantías do procedemento e do interese xeral”.

Xoves, 25 de novembro de 2021
A Corporación local rexeita sen fisuras a violencia contra a muller

O Pleno municipal aprobou esta mañá, coincidindo coa celebración do 25N, unha Declaración Institucional na que manifestou a súa máis enérxica repulsa ás agresións machistas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acadou tamén a unanimidade dos grupos para condecorar coa Medalla de Ouro do Concello de Lugo aos servizos municipais que desenvolveron o seu traballo de forma presencial durante o Estado de Alarma.

Mércores, 24 de novembro de 2021
Rubén Arroxo presenta o portal urbanoslugo.com, que achega información en tempo real sobre o bus urbano

O Tenente Alcalde explicou que “a través desta web a veciñanza poderá saber canto falta para que chegue o bus á súa parada”

A través da web pode conseguirse toda a información relacionada co servizo de bus urbano, como o mapa de liñas ou información sobre as tarifas e a tarxeta cidadá

Mércores, 24 de novembro de 2021
Nove países europeos debaten en Lugo sobre como mellorar a eficiencia dos fondos europeos en intervencións urbanas

Segundo os organizadores, Lugo foi a elixida para acoller o seminario por ser unha das cidades que está a alcanzar maior proxección internacional cos proxectos europeos”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, puxo en valor esta reunión internacional, “xa que permitirán optimizar a xestión dos fondos que están a permitir transformar ás cidades”.

A xuntanza reuniu a representantes de 9 países europeos e contou coa presenza de dúas directoras xerais, da Axenda Urbana e de Política Urbana, entre outros responsables.

Mércores, 24 de novembro de 2021
O Concello de Lugo realizou no que vai de ano unha vintena de contratacións vencelladas ás Bolsas de Emprego Municipais

A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, avanzou que a área de Persoal se nutrirá con 4 novos auxiliares administrativo/as para dar impulso á súa tramitación.

A maioría dos postos cubertos se corresponden coas categorías de Oficial Lector, Traballador/a Social, Arquitecto/a, Analista Programador/a, Enxeñeiro/a e Auxiliar Administrativo/a.

A orde de publicación das listas atendeu a criterios de urxencia segundo as necesidades detectadas pola Administración para ocupar as prazas vacantes nos servizos con maior carga de traballo.

As Bolsas de Emprego son unha das medidas adoptadas polo Executivo de Lara Méndez, xunto á entrada en vigor da RPT ou á convocatoria de OPEs, coas que se persegue efectivizar os recursos municipais en prol da atención á cidadanía.

Páxinas