Actualidade

Ex., 05-12-2021
Ex., 05-12-2021
Luns, 08 de novembro de 2021
Comeza a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario

A exposición camiño desde o punto de vista de distintos artistas visuais

Percorrer o Tempo está organizada pola fundación bancaria La Caixa e a Xunta de Galiza, enmarcada na programación do Xacobeo e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo

Luns, 08 de novembro de 2021
Lara Méndez supervisa o inicio das obras de renovación e ampliación do paso soterrado baixo a N-VI, que duplicará as súas dimensións

Este luns procedeuse ao valado da zona e nos vindeiros días comezarase a executar o desvío e soterrado das redes de servizos afectadas.

A alcaldesa apuntou que “favoreceremos o acceso a pé e en bicicleta ao río desde o centro da cidade, reducindo o uso dos vehículos e, polo tanto, a contaminación”.

Para a execución das obras, enmarcadas na estratexia Muramiñae, habilitarase un desvío provisional, na marxe esquerda da N-VI en sentido A Coruña.

Luns, 08 de novembro de 2021
Avanza a humanización da Ronda da Muralla, no treito en obras entre as rúas Santiago e Vilalba

Rubén Arroxo visitou a zona xunto con Alexandre Penas e persoal municipais

“As veciñas e veciños de Lugo contamos xa cunha nova zona de paseo arredor da Muralla”, afirmou Rubén Arroxo

Luns, 08 de novembro de 2021
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

A Policía Local de Lugo realizou diversos servizos destacados durante esta fin de semana, do 5 ao 7 de novembro.

Domingo, 07 de novembro de 2021
O Goberno de Lugo renovará o alumeado público na contorna do Camiño Real e rúa do Freixo

Alexandre Penas: "damos solución á demanda da veciñanza da zona, e continuamos a mellorar a calidade da rede de alumeado público"

Vén de aprobarse a contratación da obra cun prazo de execución de 3 meses

Sábado, 06 de novembro de 2021
Infraestruturas avanza na mellora da cidade renovando o muro da avenida Anxo López Pérez

Alexandre Penas: “continuamos a traballar na mellora dos espazos públicos da cidade”

Os traballos consisten na eliminación das pintadas e das herbas que estaban a crecer no muro do aparcadoiro municipal

Sábado, 06 de novembro de 2021
A Mesa da Industrialización impulsada pola alcaldesa de Lugo aposta pola sostibilidade, o sector agroalimentario e forestal e a innovación

A iniciativa, na que Lara Méndez implicou a institucións e colectivos económicos, sociais e políticos, aprobaron os órganos de xestión e coordinación e un borrador de convenio.

Con este proxecto, o executivo reforza a Estratexia Lugo Transforma, coa que o Concello mobilizará 12 millóns en 5 anos parar atraer inversión e crear emprego.

Venres, 05 de novembro de 2021
O Concello limpa as pintadas na Praza de Santa María

O procedemento de eliminación foi levada a cabo por parte dun operario con formación específica en limpeza de pintadas.

Venres, 05 de novembro de 2021
Lara Méndez formaliza con Torsa Capital a xestión do fondo municipal emprendedor que transformará Lugo nos próximos 5 anos

A Estratexia aterrará directamente sobre 50 empresas lucenses, creando mil postos de traballo directos e até o triplo de empregos indirectos.

A rexedora e o Conselleiro Delegado da Sociedade visibilizaron coa súa sinatura o inicio do Servizo de Intermediación Financeira ao que o Goberno local destinará 2’4 millóns de euros

A adxudicataria disporá de 12 meses dende a constitución do fondo e da súa inscrición no Rexistro da Comisión Nacional de Valores para realizar un investimento de 1 millón de euros

A alcaldesa afirmou que, “esta iniciativa municipal será unha ferramenta poderosa para diversificar o tecido produtivo e crear emprego de calidade na cidade”.

Páxinas