Actualidade

Ex., 05-12-2021
Ex., 05-12-2021
Mércores, 10 de novembro de 2021
O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Xosé López

Maite Ferreiro destacou “as capacidades do Vello Cárcere como espazo para que o tecido cultural local mostre a súa obra”

A mostra poderá visitarse na primeira planta ata o 10 de xaneiro de 2022

Mércores, 10 de novembro de 2021
O Goberno de Lugo adxudica a pasarela do centro de saúde de San Roque por 220.013,95€

Rubén Arroxo: "esta infraestrutura mellorará a accesibilidade e dará solución a unha solicitude da veciñanza de Fontiñas"

A construcción da pasarela foi adxudicada a Urbaconsa Lugo SL cun prazo de execución de 4 meses

Mércores, 10 de novembro de 2021
Lara Méndez supervisa o remate das obras do fibrocemento en Marqués de Ombreiro, onde se renovaron 35 acometidas

O executivo municipal financiou con case 90.000 euros a actuación para substituír as tubaxes existentes por outras de fundición, máis resistentes e duradeiras.

Lara Méndez: “modernizamos o servizo, mellorando a calidade da subministración, ao tempo que apostamos por infraestruturas máis sostibles e eficientes”.

Mércores, 10 de novembro de 2021
O Concello de Lugo, presente no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación ao Desenvolvemento

A concelleira de Benestar acudirá a esta convocatoria na que o Executivo de Lara Méndez é exemplo polo seu compromiso permanente con proxectos de calado solidario.

A cita, que terá lugar entre o 10 e o 12 de novembro en Córdoba pretende abordar as políticas públicas de colaboración e os retos que se aveciñan ante o contexto actual.

Martes, 09 de novembro de 2021
Lara Méndez humaniza Paradai coa creación dunha nova zona de descanso na confluencia de Río Sil, Hórreo e Ferro Caaveiro

A actuación terá unha tripla vertente: urbanística, social e de servizos para rexe-nerar a contorna, incrementar as dotacións e favorecer a convivencia cidadá.

A rexedora presentou esta tarde á veciñanza os detalles do proxecto co que se pretende incrementar a comodidade e habitabilidade do barrio.

A obra, terá un prazo de execución de tres meses e suporá un investimento municipal de 48.373 euros.

Martes, 09 de novembro de 2021
Avanzan os traballos de mellora da seguridade viaria no polígono das Gándaras

Rubén Arroxo: "a rúa D gañou un novo carril en cada sentido, o que aumenta a seguridade da vía e a fluidez do tráfico con respecto ao modelo anterior"

Comezaron os traballos de asfaltado dos novos carrís que se poderán desfrutar en poucas semanas

Martes, 09 de novembro de 2021
A área de Cultura resolve os concursos de disfraces e escaparates do Samaín

Maite Ferreiro: "repetimos os concursos que foron un éxito o ano pasado"

En total, a área de Cultura reparte 2.400€ en premios

Martes, 09 de novembro de 2021
Deportes recupera a Carreira Popular Lugo Monumental que celebrará a súa XIX edición o vindeiro 19 de decembro

A evolución da pandemia permite ao Goberno de Lara Méndez retomar unha proba de gran tradición local que, este ano, presenta variacións de percorrido debido ás obras en execución que hai na cidade.

Neste 2021 e por precaución sanitaria a competición será só para adultos.

A área que dirixe Mauricio Repetto traballa xa na organización do vindeiro Corre con Nós e da Media Maratón Cidade de Lugo.

Martes, 09 de novembro de 2021
A área de Benestar prepara co tecido social da cidade a recuperación da Feira Solidaria Diversiarte

A edil Olga López Racamonde mantivo un encontro coas persoas representantes dos colectivos para traballar na posta en marcha da 15 edición do mercadiño.

A cita, unha constante no Nadal, pretende poñer en valor as capacidades das persoas con diversidade funcional e o labor que realizan estas entidades.

Luns, 08 de novembro de 2021
Lara Méndez recibe no Concello ao novo Almirante en Xefe da Armada de Ferrol

Ignacio Frutos Cruz entrevistouse coa rexedora lucense no marco dun encontro institucional.

Páxinas