Actualidade

Ex., 05-12-2021
Ex., 05-12-2021
Mércores, 01 de decembro de 2021
Lara Méndez asina co Ministerio de Transportes e Xunta a posta a disposición de medio millón de euros para axudas á rehabilitación de vivendas no Casco Histórico

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a memoria -  programa da Fase XVI do Arru co compromiso de publicar a súa convocatoria no prazo de 4 meses.

O procedemento, que nesta edición duplicou o seu orzamento, permitirá subvencionar até unha trintena de actuacións.

A Administración local achegará 44.000 € para sufragar parte dos labores de reurbanización e os custos do equipo técnico de xestión.

O Concello eximirá, alén, aos promotores do pago da taxa de servizos urbanísticos e habilitará unha bonificación de até o 95% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.

Mércores, 01 de decembro de 2021
Avanzan a bo ritmo as inscricións na XVIII edición da Carreira popular Lugo Monumental, alcanzando preto da metade do limite permitido

A Carreira popular Lugo Monumental, terá as inscricións abertas  ata o lunes 13 de decembro.

O Concello de Lugo, co patrocinio de CaixaBank, organiza un ano máis a carreira popular Lugo Monumental.

A carreira, estará limitada a 1.500 adultos e toda a información do evento estará dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com

Mércores, 01 de decembro de 2021
O concelleiro Miguel Fernández supervisa o inicio das obras do viario que une a LU-P-2901 coa igrexa de San Pedro de Mera

A execución inclúese no conxunto de intervencións do Plan de Cooperación, onde se invisten máis de 320.000 euros e que beneficiarán a un milleiro de veciños.

O edil destaca que “é unha das prioridades da alcaldesa de Lugo a continuación das melloras das infraestruturas do rural”.

Martes, 30 de novembro de 2021
O Concello de Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Rubén Arroxo e Maite Ferreriro asistiron ás actividades organizadas pola área de Cultura

Martes, 30 de novembro de 2021
A Cidade de Lugo galardoa coas súas Medallas de Ouro aos sectores que coidaron á veciñanza nos momentos máis duros da pandemia

A alcaldesa, Lara Méndez, entregou a máxima distinción da cidade acompañada de representantes “do Lugo máis diversos e plural”, en sinal de gratitude de toda a sociedade.

Luns, 29 de novembro de 2021
A área de Muller abrirá este mércores o prazo de inscrición do programa Aprende Xogando para o Nadal

A iniciativa está dirixida a nena/os empadroadas/os no Concello de Lugo cunha idade comprendida entre os 3 e os 12 anos.

As solicitudes, que poderán realizarse até o 7 de decembro, deberán efectuarse de xeito telématico a través do e-mail aprendexogando@lugo.gal.

Nese mesmo prazo, as familias teñen oportunidade de reservar praza para o segundo trimestre do curso escolar 2021/2022.

Luns, 29 de novembro de 2021
Benestar incrementa nun 40% a partida do servizo Xantar no Fogar para ampliar a cobertura desta prestación municipal

O Executivo de Lara Méndez destinará en 2022 un orzamento de 224.215 euros á elaboración dun mínimo de 41.292 menús, logo de detectar un aumento da demanda cidadá trala pandemia.

A maioría das persoas beneficiarias son mulleres, maiores de 65 anos, que non teñen apoio familiar ou padecen algún grao de depedencia.

Dende o Concello, se lles ofrece unha atención integral que aborda dende o coidado da súa saúde, empezando pola dieta, ata o acompañamento telefónico para evitar o seu illamento social.

Páxinas