Actualidade

Ex., 25-02-2021
Ex., 25-02-2021
Luns, 25 de xaneiro de 2021
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o barrio de Paradai, onde se están a levar a cabo traballos de mantemento

Infraestruturas investiu máis de 16.000€ na mellora do barrio, recollendo as propostas achegadas por colectivos veciñais

Rubén Arroxo: “realizamos unha serie de intervencións de mantemento en varias rúas do barrio para mellorar as condicións das veciñas e veciños”

Luns, 25 de xaneiro de 2021
Máis de 200 persoas xa se inscribiron nos cursos online homologados pola Fundae que promove o Concello de Lugo

O executivo municipal asinou un acordo de colaboración coa entidade Foro de Formación y Ediciones para ofrecer formación en liña e gratuíta á cidadanía

Os interesados poden cursar a súa solicitude a través do formulario que se atopa na páxina web do Concello. Será o SEPE quen autorice a realización dos cursos

Unha vez rematada a formación, os alumnos recibirán un título homologado pola Fundae acreditando a superación do curso e o número de horas realizadas

Sábado, 23 de xaneiro de 2021
Rubén Arroxo visita os traballos realizados pola área de Mobilidade e Infraestruturas no barrio da Ponte

Rubén Arroxo: "coas visitas aos barrios e as solicitudes da veciñanza planificamos os traballos para garantir o mantemento das infraestruturas"

O Tenente de Alcalde visitou o barrio da Ponte cos edís Alexandre Penas e Cristina López

Venres, 22 de xaneiro de 2021
Cristina López inicia xuntanzas coas comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal

Cristina López: “Queremos avaliar as accións postas en marcha contando coas persoas que desenvolven a súa actividade na Praza e no Mercado”

“Continuaremos a mellorar a Praza e o Mercado, dous emprazamentos históricos nunha zona privilexiada da cidade”, afirmou Cristina López

Venres, 22 de xaneiro de 2021
Un total de 15 empresas nacidas durante o confinamento no Coworking municipal de Lugo están xa en marcha e facturando

Lara Méndez mantivo un encontro cos emprendedores, e encomiou a súa valentía “porque dar o paso nestas duras circunstancias di moito do talento que atesoura a cidade”

A alcaldesa pon en valor o traballo de formación e acompañamento destas iniciativas desenvolvido polo CEI Nodus, centro que foi semente de máis dun centenar de empresas

Ábrese o prazo de inscricións para unha nova edición do Coworking, que comezará en marzo. Os interesados poden solicitar a súa admisión en: https://bit.ly/390Bfi4

Xoves, 21 de xaneiro de 2021
O Vello Cárcere acollera a exposición de Miguel Núñez ata o 18 de abril

O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, lembrou que “o artista conta cunha traxectoria de máis 25 anos traballando a madeira e o metal”

A exposición ten por título Metal e Madeira - Ollada e tacto do Artista Miguel Núñez

Xoves, 21 de xaneiro de 2021
Lara Méndez defende no cumio nacional Invest in Cities a fortaleza do Lugo sostible e da estratexia Lugo Transforma para captar inversións

A rexedora expuxo ante máis de 1.000 inversores e representantes de 15 países estranxeiros as vantaxes competitivas dun municipio “altamente emprendedor”.

Lara Méndez: “Europa ten posta a súa mirada en Lugo porque somos un exemplo no deseño de proxectos vinculados ás cidades sostibles do futuro”.

“Somos, ademais, un concello proactivo pois, pese ás dificultades do último ano realizamos unha inversión superior aos 49 millóns de euros”, apuntou.

Páxinas