Actualidade

A Xunta de Goberno Local aprobaba hoxe as bases específicas para catro procesos nas categorías de ordenanzas, celador/a de colexio público, técnico/a da administración xeral e enxeñeiro/a industrial
A medida, enmarcada no Plan de Acción da Alcaldía, busca incrementar a capacidade da institución para ofrecer, con axilidade, á veciñanza máis prestacións e de maior calidade

A Casa Consistorial estará iluminada durante a tarde noite do día 4 como mostra de solidariedade


A alcaldesa de Lugo presentaralle o fondo inversor emprendedor de 12 millóns de euros que o Concello mobilizará para atraer empresas e crear emprego social e sostible
A xuntanza dará continuidade a que mantivo con Nuñez Feijóo, onde o presidente do Goberno galego avanzou a colaboración con esta iniciativa pioneira, que felicitou

Tras a recuperación desta xoia natural, a alcaldesa asinará coa USC un plan para a súa conservación e xestión co fin de acadar o seu recoñecemento definitivo como ENIL.
Lara Méndez: “Levaremos esta proposta tan importante para a protección deste espazo ao próximo Pleno para que a Xunta a avalíe e sexa sometida a información pública”.
O documento inclúe medidas de xestión relacionadas coa conservación dos hábitats, co uso social do espazo e coa investigación e a educación ambiental.
O humidal, incluído no novo bosque urbano de 21 hectáreas do LIFE Lugo+ Biodinámico contribuíu a mellora ambiental da zona onde se sitúa, entre dous polígonos empresariais.

O paso inferior será substituído por unha nova estrutura que duplicará o ancho e a altura do actual para diminuir o efecto túnel e que sexa máis agradable e seguro para os usuarios.
A alcaldesa de Lugo sostén que “favoreceremos o acceso á zona do río desde o centro da cidade, reducindo o uso dos vehículos e, polo tanto, as emisións de CO2 e a contaminación”.
As obras, nas que se investirán 1.101.000 euros e que durarán 5 meses, inclúen a pavimentación dunha senda peonil de 335 metros, con dotación de novo alumeado.
Para a execución dos traballos, enmarcados na estratexia Muramiñae, habilitarase un desvío provisional, para non interromper o tráfico, na marxe esquerda da N-VI en sentido A Coruña.


“O certame de disfraces do Entroideando 2021 non ten carácter competitivo, pretendemos fomentar a participación veciñal”, explicou Maite Ferreiro
Poderanse presentar imaxes actuais ou históricas, que participarán no sorteo de 64 vales de 60 euros para mercar nas distintas librarías de Lugo

A programación inclúe un taller de adestramento e hábitos saudables, obradoiros deportivos, roteiros literarios e tamén de sendeirismo. Terá lugar todos os sábados do 6 de febreiro ao 29 de maio
A rapazada, de entre 12 e 18 anos, que estea interesada en participar pode inscribirse achegando nome, apelidos, idade e DNI ao enderezo electrónico maisporti2020@lugo.gal

Rubén Arroxo: "trátase dunha actuación moi solicitada pola veciñanza da zona, debido ao estado de desgaste que presentaba o firme da rúa"
A intervención adxudicouse por 25.407 € e ten un prazo de realización de 6 semanas
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »