Actualidade

A área de Benestar Social acometerá nas vindeiras semanas o rebaixe de bordos e a reforma integral de varios cruzamentos da capital, nos que se pretende eliminar a presenza de lastras.
As intervencións obedecen, segundo Olga López Racamonde, ás demandas trasladadas por Auxilia e suporán un investimento municipal próximo aos 36.000 €.

A alcaldesa abordou coa presidenta do Colexio lucense os termos da colaboración coa que se pretende acurtar os tempos dos procedementos urbanísticos.
A medida obedece ao compromiso dado pola rexedora ao inicio do mandato de mellorar os protocolos internos para incrementar a eficacia da Administración.
O convenio complementa a entrada en vigor, o pasado 18 de abril, dunha nova Instrución que permite ao Concello outorgar a licenza de obra maior só presentando un proxecto básico.

A Alcaldesa, Lara Méndez, enmarca a actuación do grupo, que chega a Galicia por vez primeira, na aposta de Lugo por consolidarse como cidade de grandes concertos.
Con 25 anos de historia e 13 discos editados, Saor Patrol tocará o día 11 de xuño, e será, xunto coa presenza das Tanxugueiras, o día 12, o prato forte musical da festa.
O edil Mauricio Repetto destaca que estas actuacións serán gratuítas, e sinala que “traballamos para que o Arde Lvcvs recupere o seu esplendor tras a pandemia”.

A cita, que se celebrará esta fin de semana na Praza de Armas de Ferrol, busca promover o turismo de proximidade entre as localidades que forman parte do Eixo Atlántico.
Lara Méndez: “Buscaremos achegar toda a nosa riqueza paisaxística, patrimonial, cultural e gastronómica, o que nos converte nun destino único”.
En total participarán 32 stands, 16 de localidades galegas, 11 portuguesas e o resto dutras cidades.

O edil Mauricio Repetto anima á participación nesta iniciativa, “coa que queremos axudar á inserción laboral aportando coñecementos de gran demanda no mercado”.
A acción formativa, de carácter gratuíta, está aberta a 50 participantes de entre 18 e 55 anos. Os interesados poderán inscribirse ata o 26 de maio en www.lugomasxti.org.


A alcaldesa mantivo esta tarde un encontro cos axentes sociais do municipio para promover a súa implicación e escoitar as súas propostas ao respecto.
Previamente, a rexedora presentou a iniciativa á Directora Xeral de Turismo de Galicia á que tamén deu conta da estratexia de sostibilidade turística do Concello.
Méndez convida á cidadanía a participar na enquisa pública, á que se pode acceder dende a páxina web municipal, para achegar as súas suxestións ao proxecto.

Coincidindo co Día Mundial desta enfermidade, o executivo de Lara Méndez iluminará na noite do xoves ao vernes a fachada da Casa Consistorial e a pasarela Tanxurela.
Celebrarase a charla-coloquio "Convivindo coa fibromialxia", a cargo do Dr. Carlos García Porrúa, o xoves 19 de maio a partir das 20.00 horas no salón de actos do centro de convivencia Uxío Novoneyra.


A actividade, é gratuíta, para público en xeral e ata completar aforo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »