Actualidade

O ciclo comezará o venres 26, e traerá ao longo do ano un total de 9 propostas de danza contemporánea e artes do movemento
Maite Ferreiro: “apostamos pola pluraridade na programación escénica e por dar cabida e visibilizar a Danza na cidade”

Cristina López: “a sepultura atópase nun estado de deterioro moi avanzado, é necesario restaurala para que os danos non sexan irreversibles”
Un equipo especializado eliminará a suciedade da peza, mantendo as marcas de envellecemento

A alcaldesa e o edil de Medio Rural coñeceron in situ a nova maquinaria, coa que se busca dar unha rápida resposta ás necesidades dos veciños e veciñas.
Lara Méndez: “Destinamos 120.000 euros para a compra destes vehículos cos que mellorar o servizo de mantemento de infraestruturas no rural e na zona urbana”.

“Renovarase a estética da Porta de Santiago, onde se xuntan os tres patrimonios da humanidade de Lugo”, explicou Rubén Arroxo
A área de Mobilidade realizou o proxecto “pensando nunha futura actuación que permita a peonalización total deste treito”, que sairá a licitación por 575.990,77€

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, mantivo unha reunión cos colectivos para repensar programacións que se adapten ás medidas sanitarias.
A festa de recreación histórica de Lugo celebra neste 2021 os seus 20 anos de vida.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que visitou as dependencias coa edil Olga López, destaca que esta actuación busca mellorar a atención social ás familias máis vulnerables
A execución suporá que as actividades do programa Aprende Xogando para a poboación infantil se trasladen de xeito temporal ao centro Maruja Mallo.

A exposición poderá visitarse no Vello Cárcere
Maite Ferreiro agradeceu ás asociacións organizadoras “que escollera unha ubicación tan singular como o Vello Cárcere para esta exposición”

A medida, contemplada no Plan de Acción de Alcaldía, pretende publicitar as convocatorias municipais, incrementar a transparencia e facilitar a participación.
Entre os mecanismos que xa se puxeron en marcha figura a avaliación periódica dos procedementos de contratación para supervisar que a formulación que seguen é a idónea.
O equipo económico está a elaborar tamén unha Instrución para axilizar aínda máis o pago de facturas que, actualmente, se sitúa por debaixo dos dez días. Só no último trimestre do ano se abonou aos provedores 20’2 millóns €.

A edil de Muller e Igualdade de Lugo lembra que a igualdade “é un dos eixos centrais do noso Goberno, transversal en todas as áreas municipais”
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »