Actualidade

Ex., 18-04-2024
Ex., 18-04-2024
Martes, 02 de abril de 2024
O Goberno local adxudica Xantar no Fogar con importantes melloras no servizo que suporán un investimento de 474.302 euros nos próximos dous anos

A Xunta de Goberbo Local formalizará mañá a adxudicación a empresa Jardanay que aumentará a frecuencia de repartición  semanal e subministrará 1.000 comidas adicionais ao ano.

A nova adxudicataria aumenta a rotación dos menús a seis semanas, personalizará as dietas e ás enriquecerá cun litro de leite e outro de zumo de froita  á semana. Así mesmo contempla proporcionar neveiras nos casos de necesidade ou urxencia social.

“Este servizo permitenos mellorar a alimentación das persoas maiores e a súa calidade de vida ao tempo que acadamos que se desenvolvan con autonomía e poidan permanecer nos seus fogares”, sinalou López Racamonde.

Martes, 02 de abril de 2024
Maite Ferreiro presenta o concerto Mihlnovum Música Antiga

A actividade terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro sábado, 6 de abril, a partir das 19:00.

Ferreiro presentou a actividade xunto coa soprano Alma Senlle e os instrumentistas Xosé María Grandío e Txuso Juaristi.

Luns, 01 de abril de 2024
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante os días 28 ao 30 de marzo/24.

Xoves, 28 de marzo de 2024
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro anuncian unha nova representación teatral que amplía a programación do Auditorio Municipal Gustavo Freire

A área de Cultura trae unha peza de teatro colombiano, unha mostra das artes escénicas iberoamericanas.

Maite Ferreiro: "Ao longo do ano iremos programando diversos espectáculos de diferentes paises que podan servir comounha fiestra para mirar outras culturas e linguaxes".

Tomás, do colectivo SinMenteTeatro, chegará ao Auditorio Municipal Gustavo Freire o 7 de abril.

Páxinas