Actualidade

Ex., 25-04-2024
Ex., 25-04-2024
Venres, 22 de marzo de 2024
Xuventude ofrece un curso gratuíto de pesca deportiva no río Miño impartido polo pentacampeón do mundo, David Arcay

Trátase da segunda edición desta iniciativa que se puxo en marcha por primeira vez o pasado ano con gran éxito. Terá lugar nos meses de abril, maio e xuño.

Jorge Bustos: “É unha magnífica ocasión tanto para iniciarse neste deporte como para mellorar a técnica, pois contaremos cun docente de luxo cun palmarés envexable”.

En total haberá 48 prazas dispoñibles, divididas en 4 grupos, dous de iniciación e outros dous de perfeccionamento. As inscricións abrirán este martes 26 en www.lugomasxti.org

Xoves, 21 de marzo de 2024
O Goberno de Lugo continúa o paseo das Palabras do Ano da rúa Menorca coa Palabra do Ano 2023, décima palabra do ano escollida desde o comezo da iniciativa

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo visitaron a rúa Menorca xunto co presidente da RAG, Víctor Freixanes.

Rubén Arroxo: "continuamos un ano máis con esta iniciativa para poñer en valor a lingua galega e para visibilizar esta iniciativa anual do Portal das Palabras".

Xoves, 21 de marzo de 2024
O dispositivo especial de limpeza  de Luce Lugo recolleu 10.690 quilos de lixo en Fingoi tras a celebración universitaria da Carballeira

Transición Ecolóxica planificou ao detalle este labor que permite asear esta zona verde nun curto espazo de tempo para evitar repercusións á veciñanza.

O concelleiro Miguel Fernández mostrouse satisfeito pola efectividade do traballos e informou dunha disminución de lixo en relación a pasadas edicións “ froito dunha maior pero insuficiente concienciación da mocidade”.

Xoves, 21 de marzo de 2024
O barrio de San Fiz acollerá este domingo a terceira proba do Circuíto Corre con Nós “Corre con Elas” coa participación dunhas 600 persoas

A cita enmárcase dentro da programación do Concello con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Haberá agasallos conmemorativos con motivo desta efeméride.

Jorge Bustos: “Queremos dedicarlle esta proba a todas as nenas, mozas e mulleres que cada ano participan neste circuíto de carreiras e que son exemplo de superación”.

A proba discurriá pola rúa Rof Codina, rúa e travesía Virxe da Esperanza e rúa Montirón, que permanecerán cortadas entre as 11:30 e as 13:30 aproximadamente.

Mércores, 20 de marzo de 2024
Rubén Arroxo e Alexandre Penas amosan as instalacións da casa consistorial a estudantes do colexio Franciscanos

Os edís amosáronlles o funcionamento do Concello e contestou ás preguntas e suxerencias da mocidade.

Nun xogo realizado coas nenas e nenos, simulouse un pleno municipal onde o grupo de escolares propuxo distintas iniciativas.

Mércores, 20 de marzo de 2024
O Concello pon a disposición das persoas interesadas 18 postos de venda de mercadorías na Praza Maior durante a festa do Arde Lucus

A autorización da ocupación terá vixencia durante a edición de 2024 prorrogable por un ano máis. Trátase dos espazos que se atopaban actualmente vacantes, dun total de 57.

Jorge Bustos lembrou que o Concello aprobou en 2022 a normativa para acceder a estes postos “xerando un gran interese entre as e os comerciantes”.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados dende a publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante.

O edil explicou que o Concello segue a promover e intensificar a colaboración público-privada de cara a celebración da vindeira edición da festa, do 13 ao 16 de xuño.

Mércores, 20 de marzo de 2024
Maite Ferreiro preside a xuntanza do xurado do XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole

O escritor Agustín Ángel Agra Barreiro resultou gañadora do certame coa obra O livro das contrárias.

O xurado destacou "pola solidez narrativa, a análise psicolóxica das personaxes, o amplo léxico e a documentación que alicerzan a trama".

Mércores, 20 de marzo de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos esixirá no Pleno que a Xunta incremente a achega económica que realiza para asumir o custo orzamentario do Servizo de Axuda no Fogar

“A nosa realidade social abala a necesidade de apostar por un sistema público, áxil e eficiente  que dea solucións efectivas aos coidados derivados da dependencia, algo que o Goberno autonómico non está a facer”, sinalou a edila Olga López Racamonde.

“Ante a falta de compromiso evidenciado  polo goberno de Rueda, desde O Concello apostamos por realizar unha enorme mobilización de recursos municipais para asegurar unha atención de calidade á veciñanza”,  apuntou a concelleira.

Páxinas