Urban Ad Display

‘Lugo é capital, urban ad display’, é a primeira experiencia piloto que se pon en marcha en España de impulso do comercio e da hostalaría local a través dun sistema innovador de cartelería interactiva. Esta iniciativa está financiada ao 80% pola Unión Europea, a través dos fondos FEDER.

O proxecto caracterízase por combinar diferentes tecnoloxías xa existentes para obter un produto totalmente novidoso, creando unha rede comunicativa e publicitaria como forma de poñer en valor os comercios tradicionais do centro histórico desde unha perspectiva innovadora e adaptada ás novas tendencias, a nivel comunicativo e a nivel tecnolóxico.

Con este fin, instalaranse 4 pantallas interactivas, dúas fixas no exterior das dependencias municipais de Novas Tecnoloxías, e dous totems móbiles, que serán itinerantes. As mesmas actuarán como  soportes de publicidade gratuíta dos comercios e abren a posibilidade de que o comprador interactúe cos eles (compras, reservas). Ademais, aglutina tecnoloxías capaces de identificar persoas, procesos e percorridos para analizar os comportamentos e medir así mesmo a efectividade das campañas.

Os dispositivos ademais da información comercial, ofrecerá contidos de interese para os cidadáns como a axenda municipal, rutas, avisos e alertas socio-sanitarias, entre outros, e permitirán revitalizar a imaxe da cidade para os visitantes que acoden a Lugo.

As pantallas contan cun cristal interactivo con protección antivandálica. Tamén levan instalada unha lámina transparente e antimicrobiana, capaz de desactivar o 99% dos virus da superficie.

Actualmente os alumnos do obradoiro de emprego START IOT 5.0 están a elaborar os contidos para a posta en funcionamento das pantallas.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o proxecto Urban Ad Display | Descargar mp3

+ info