Servizo Municipal de Comedores Escolares

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo presta o Servizo Municipal de Comedores Escolares, encargado da elaboración de comidas, distribución ás mesas e reparto entre as nenas e nenos, ademais da vixilancia e limpeza do comedor.

Este servizo préstase nos comedores dos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luis Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón. En todos estes centros préstanse os servizos de madrugadores e xantar. Ademais no resto de CEIPs ofértase o servizo de madrugadoras e madrugadores.

As reservas para días soltos pódense realizar chamando ao teléfono 630 36 38 44 ou enviando un correo electrónico ao enderezo comedoreslugo@alimentacionsaludablegallega.com.

Documentos

- Menús 2020 - 

- Menús 2019 -