Rúa Orquídea desde a intersección coa rúa Poeta Aquilino Iglesia Alvariño

Data de inicio 5 de xullo de 2012
Data de finalización 1 mes de prazo

Realización das obras correspondentes ao saneamento do “Proxecto de obras ordinarias de reforzo de saneamento na rúa Orquídea para conexión de centro comercial e de ocio de Abella”. Por este motivo é necesario cortar o sentido do tráfico en dirección Avenida de Breogán en dirección Rúa Oliveira, polo que se procederá a ordenar o tráfico na outra marxe. Este corte será suficiente realizalo desde a intersección coa rúa Poeta Aquilino Iglesia Alvariño.

A partir do xoves 5 de xullo de 2012, durante o prazo aproximado de 1 mes, cortarase un carril de circulación da Rúa Orquidea. O tráfico reordenarase na outra marxe permitíndose a circulación en ambos sentidos. A empresa encargada da obra procederá á colocación de sinalización vertical, delimitando os carrís mediante conos e carteleira.