Rexeneración de pavimento en vial de acceso ao Polígono Industrial de O Ceao dende a Rolda Norte

Orzamento de licitación 140.312,87 €
Orzamento de adxudicación 129.649 €
Data de inicio 15 de novembro de 2013
Data de finalización 4 de decembro de 2013

Planéase o reforzo do firme do viario mediante dúas capas de formigón asfáltico en quente, unha primeira capa de regularización unha capa de rodadura.

Nos encontros co pavimento existente e nas zonas máis deterioradas proxéctase a demolición do pavimento e a reconstrución do paquete de firme completo mediante capa granular e mestura bituminosa en quente. Asimesmo, contémplase a limpeza de marxes e a sinalización horizontal no vial obxecto da presente actuación.