Repavimentación na Rúa Serra de Outes

Orzamento de licitación 24.378,21 €
Orzamento de adxudicación 18.081,03 €
Data de inicio 30 de maio de 2013
Data de finalización 28 de xuño de 2013

Esta actuación conleva a demolición da calzada no tramo de rúa comprendido entre monte pena maior e xosé crecente veiga, así como a demolición dos tramos de beirarrúa de formigón existente, para proceder posteriormente á pavimentación da calzada e á execución do tramo de beirarrúa que une a beirarrúa existente en serra de outes coa beirarrúa de monte pena maior.

Proxéctase tamén a execución dos rebaixes no paso de peóns na confluencia da rúa monte pena maior.