Rede de calor xerada con biomasa no Parque da Milagrosa

Rede de calor xerada con biomasa no Parque da Milagrosa

O Concello resultou beneficiario dunha achega do Instituto energético de Galicia para a instalación dunha Rede de distribución de enerxía térmica no recinto da antita Frigsa, mediante Resolución do Instituto Enerxético de Galicia, INEGA (Consellería de Economía e Industria), do 11 de agosto de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia nº: 171 do 8 de setembro de 2016 “pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.”

O Proxecto de “Implantación de rede de distribución de enerxía térmica nos edificios municipais no recinto da antiga FRIGSA”, en Lugo, redactado no Servizo de Medio Ambiente, tiña un presuposto total de 1.035.007,28 €.

Este proxecto foi licitado mediante concurso público, resultando adxudicatario UTE FORESTACIÓN GALICIA, S.A. E FORESTACIÓN Y REPOBLACIÓN, S.A.

O obxecto do proxecto é a execución e posterior posta en servizo da instalación de produción centralizada de enerxía térmica con biomasa e distribución mediante unha rede de calor aos edificios de titularidade municipal do Parque da Milagrosa en Lugo, para a alimentación aos sistemas de calefacción, produción de auga quente sanitaria (AQS) e climatización.

Con esta actuación preténdense acadar os seguintes obxectivos:

  • Empregar un sistema de calefacción e AQS innovador de alto nivel técnico e excelente en termos de sustentabilidade.
  • Substituír os combustibles fósiles actualmente empregados (gas natural e gasóleo) nos edificios municipais do Parque da Milagrosa, por un combustible non contaminante, acadando unha redución de emisións de CO2, xa que a biomasa está considerada coma un combustible neutro en emisións de CO2 xa que procede de fontes renovables.
  • Eliminar riscos por combustibles fósiles inflamable nos edificios municipais do Parque da Milagrosa, eliminando tamén (ruídos polo funcionamento de equipos) e olores (almacenamento de gasóleo).
  • Acadar un aforro enerxético, xa que a distribución centralizada de enerxía térmica con tubaxes de alta eficiencia, xunto co grao simultaneidade dos edificios conectados, permite obter un mayor rendemento dos xeradores de calor.
  • Empregar un combustible local, o que repercute na xeración de emprego local e fai diminuír o déficit exterior na mesma medida na que substitúa ós combustibles fósiles (gas natural ou gasóleo), que son na súa totalidade importados.
  • Evitar facer hasta 7 inversións individuais para a modernización das instalacións existentes, que nalgúns casos xa acadaron a súa vida útil. Este aspecto é especialmente importante, xa varios edificios, pola súa pauta de consumo enerxético, necesitan unhas instalacións térmicas de elevada potencia en proporción cos seus consumos.
  • Acadar un aforro económico pola redución dos custes finais, xa que unha única central de produción térmica con biomasa, no lugar de 7 instalacións individuais, implica
    • Menores custes de amortización de equipos, no suposto de renovación das 
      instalacións
    • Menores custes de combustible
    • Menores custes de xestión
    • Menores custes de mantemento
    • Menores custes de avarías
  • Unificación de contratos da administración local, xa que se pasará de 7 subministracións de combustible e 7 contratos de mantemento a un único subministrador, sendo a opción dun contrato de servizo enerxético a idónea para unha rede de calor coma a proxectada.

O proxecto sitúase nas instalacións municipais do parque da Milagrosa (Lugo), todas elas de titularidade do Concello de Lugo, e que son as seguintes:

  1. PISCINA FRIGSA
  2. CASA DAS ASOCIACIÓNS
  3. CASA CLARA CAMPOAMOR
  4. CAMPO DE FUTBOL LUIS GORGOSO
  5. PISTAS DE TENIS DE MESA
  6. MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO (MIHL)
  7. AUDITORIO GUSTAVO FREIRE
  8. BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

El Concello de Lugo ha contado con el apoyo del Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), la Xunta de Galicia y el Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en la instalación “IMPLANTACIÓN DE REDE DE DISTRIBUCIÓN DE ENERXÍA TÉRMICA NOS EDIFICIOS MUNICIPAIS NO RECINTO DA ANTIGA FRIGSA (Lugo)”

Placa Biomasa