Recuperación da memoria histórica

Aínda que puidera parecer que as investigacións sobre a represión franquista en Galicia comezaron recentemente, as primeiras monografías sobre este tema remóntanse á década dos 80, e a primeira tese de doutoramento ao ano 1997. Ser a autora desta tese pioneira é, sen dúbida, o meu maior orgullo profesional. O ano da memoria (2006) veu recuperar os esforzos pretéritos e tamén, naturalmente, estimular a publicación doutros moitos de grande interese, realizados en mellores condicións. Refírome non só aos apoios económicos, senón tamén ao acceso aos arquivos, que sen ser aínda óptimo non é tan tortuoso coma daquela.

A listaxe que agora ofrezo é froito dun traballo iniciado no ano 1987 coa finalidade de describir, de forma neutra e o máis fidedigna posible, o proceso represivo na provincia de Lugo. Recolle os nomes de todas as persoas que puideron ser represaliadas na nosa provincia de acordo cos datos ofrecidos polas fontes consultadas. Na listaxe non aparecen, pois, os lucenses que sufriron represión noutros lugares, pero si as persoas doutros lugares que sufriron represión en Lugo.

+ Info

Memoria histórica de Lugo

Listaxe de vítimas [www]