Programa "Aprende Xogando"

"Aprende Xogando" é un programa dirixido a procurar o desenvolvemento da personalidade das nenas e dos nenos a través do xogo e do xoguete, a fomentar a práctica do xogo en grupo, a xogar á intregración dos menores con necesidades específicas mediante o xogo, á realización de actividades de animación infantil e, en definitiva, ao traballo tomando o xogo como eixe central de intervención.

Solicitude e participación

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE E CONCESIÓN DO SERVIZO

As solicitudes efectuaranse na Casa da Muller nos seguintes períodos en concordancia co curso escolar:

  • 1º trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de outubro, novembro e decembro. O prazo de solicitude terá lugar entre os días hábiles do 1 ao 6 de setembro.
  • 2º trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de xaneiro, febreiro e marzo e ás mañás das vacacións de Nadal. O prazo de solicitude terá lugar entre días hábiles do 1 ao 7 de decembro.
  • 3º trimestre do curso escolar correspondente  ás tardes dos meses de abril, maio e xuño e ás mañás das vacacións de Semana Santa. O prazo de solicitude terá lugar entre días hábiles do 1 ao 6 de marzo.
  • 4º trimestre do curso escolar correspondente ás tardes dos meses de xullo, agosto e setembro e ás mañas das vacacións de verán, correspondentes á última semana de xuño, meses de xullo e agosto e primeira semana de setembro. O prazo de solicitude terá lugar entre días hábiles do 1 ao 6 de xuño.

Neste trimestre admítese a solicitude por meses independentes (en lugar do trimestre completo), co fin de adaptarse ás vacacións estivais das/dos proxenitoras/es e/ou representantes legais.

+ info

Directorio