Obradoiro Lugo Cóidate

O Obradoiro de Emprego “Lugo Cóidate”, queda configurado para 15 alumnas e alumnos, repartidos nos seguintes módulos (ambos con Certificado de Profesionalidade Nivel 3):

  • MÓDULO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS, para 7 alumnos/as.
  • MÓDULO DE DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL, para 8 alumnos/as.

Este obradoiro de emprego terá unha duración de 6 meses e desenvolverase nunha única fase. O prazo previsto para dar inicio ás actuacións é o 29 de setembro de 2017 ata o 28 de marzo de 2018.