Licenzas Urbanísticas e de Actividades

Dende o Servizo de Licenzas realízanse as seguintes tramitacións:

  • Procedementos relativos ás: licenzas de obra maior, de licenzas de obra menor e licenzas de primeira ocupación de edificacións. 
  • Procedementos relativos ás: licenzas e comunicacións previas ó inicio de actividades.
  • Procedementos para as autorizacións autonómicas en solo rústico previos ás licenzas urbanísticas.
  • Resolucións da excepción do cumprimento das normas de habitabilidade das vivendas de Galicia.
  • Sinalamento e fixación de aliñacións e rasantes de conformidade co establecido no Plan Xeral de ordenación urbana.
  • Cambios de titularidade das licenzas urbanísticas, licenzas de apertura e comunicacións de inicio de actividades.
  • Procedementos de autorización de prórroga dos prazos de inicio o execución establecidos nas licenzas urbanísticas.
  • Procedemento de devolución das garantías establecidas nas licenzas urbanísticas.
  • Emisión de informes e certificados sobre cuestións relativas ás licenzas outorgadas ou en trámite.