Arquivo Municipal

O Arquivo Municipal de Lugo custodia, trata e serve a documentación producida e/ou recibida polo Concello de Lugo ao longo do tempo, durante todo o seu ciclo de vida. O acceso a estes documentos actúa como garante dos dereitos da cidadanía e como medio de proba dos mesmos e tamén é mostra da transparencia administrativa da propia institución.

O Arquivo é memoria viva da cidade de Lugo. A través da documentación custodiada nel pódese estudar a evolución do municipio en multitude de ámbitos ao longo do século XX. Neste sentido, as agrupacións documentais máis consultadas son as seguintes:

  • Libros de actas de Pleno (dende 1900).
  • Expedientes de planeamento urbanístico.
  • Licenzas de obras maiores e menores (dende 1956).
  • Licenzas de actividades (dende 1933).
  • Expedientes de obras municipais.
  • Padróns históricos de habitantes.
  • Expedientes de Quintas
  • Colección de mapas e planos
  • Colección fotográfica Delgado Guisasola (á que podes acceder abaixo facendo clic en “Fondo Fotográfico Municipal”).

Se a isto sumamos a parte do fondo documental municipal que está en depósito no Arquivo Histórico Provincial de Lugo (gran parte da documentación anterior a 1955) as fontes de estudo remóntanse ata a Baixa Idade Media.

Se desexas consultar documentación do Arquivo debes presentar unha solicitude, ben a través da Sede Electrónica do Concello de Lugo, ben presencialmente no Rexistro Xeral. No apartado “Acceso e consulta de documentos do Arquivo” atoparás máis información sobre isto.

Cando nos chegue a túa solicitude, revisaremos o teu caso e darémosche cita para consultar a documentación. Estamos no 3º andar do Centro de Servizos Municipais, situado na Ronda da Muralla, 197, e atendémoste das 9 ás 14 horas. No apartado “Contacto” atoparás todos os medios a través dos cales te podes poñer en contacto connosco para calquera dúbida.

Por último, no apartado “Preguntas frecuentes” que tes na barra lateral poderás acceder a todos os servizos que prestamos e a máis información sobre o Arquivo Municipal.

Máis info:

Directorio