33ª Feira do Libro de Lugo

Do 12 ao 17 de maio, na Praza Maior

O horario de apertura será de 11.30 a 14 e de 17.30 a 21 horas e os postos estarán instalados no fondo da Praza Maior. Ademais tamén haberá unha serie de actividades entorno a esta feira, como son presentación de libros, concertos, obradoiros, recitais de poesía, ou contacontos.

Tamén este ano, as casetas contarán con programación individual como son conferencias e charlas e sinatura de libros por parte dos autores. Durante estes cinco días haberá diversas actuación musicais de grupos e bandas de Lugo.

O listado de participantes comprende á El Faro de los Tres Mundos, Librería La Voz de la Verdad, Librería Aguirre, Deputación Provincial, Librería Totem, Librería Biblos, Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca Nodal, Librería Trama e máis a Libraría Cartabón. Tamén haberá unha caseta para a Biblioteca da Feira, outra con Información e Punto de Encontro e unha Carpa de Actividades.

Directorio