Abrindo Lugo

“A plataforma 'AbrindoLugo' é unha iniciativa que lanzamos desde o Concello de Lugo para incentivar a compra no comercio e hostalaría local durante este tempo de confinamento causado polo COVID 19. Por iso, desenvólvese da man da Federación de Comercio e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría.

A esta web de apoio á economía de proximidade poden adherirse de xeito gratuíto as tendas, restaurantes, bares e demais establecementos e empresas de servizos do municipio afectados pola pandemia. A través desta pasarela de pago, a cidadanía pode adquirir agora bonos con descontos e trocalos cando se restableza a situación de normalidade.

Con esta iniciativa, queremos involucrar á veciñanza para apoiar, entre todos, aos comerciantes que máis están sufrindo o parón da súa actividade, protexer os postos de traballo e evitar o peche dos pequenos negocios, pois son un elemento dinamizador da economía e da vida social da cidade, que xera riqueza e fixa poboación.

Pero tamén queremos animar á cidadanía a seguir realizando os seus plans a curto e medio prazo”.

Lara Méndez,
Alcaldesa de Lugo

Acceso á web Abrindo Lugo: www.abrindolugo.gal