Lara Méndez impulsa el análisis de la movilidad en la Avenida da Coruña para disminuir el tráfico y su impacto ecológico

A alcaldesa supervisou hoxe a instalación da tecnoloxía que permitirá avaliar o comportamento dos tráficospeonil e rodadonunha das vías de maior tránsito da cidade.

Unha vez finalice o desdobramento de Infanta Helena, a rexedora quere crear novos fluxos de circulación que rebaixen a presión na Avenida da Coruña e deseñar unha contorna máis humana e confortable.

O estudo inclúe tamén a elaboración de propostas para mellorar os desprazamentos urbanos nesta vía e reducirnela a pegada de carbono.

Lara Méndez: “a iniciativa enmárcase no proxecto de municipio sostible no que traballamos en consonancia coa nosa marca de cidade e coa estratexia de creación de zonas de baixas emisións na capital”.

Lunes, 18 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez impulsa a análise da mobilidade na Avenida da Coruña para diminuír o tráfico e o seu impacto ecolóxico

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vén de impulsar a análisedo comportamento da mobilidade urbana da cidade para coñecer o seu impacto ecolóxico e mellorala, no marco do proxecto de municipio sostible que desenvolve o Goberno local.

Esta mañá e acompañada polo Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, a propia rexedora supervisaba a instalación do equipamento tecnolóxico na Avenida da Coruña, “unha localización escollida – segundo sinalou – por ser esta unha das principais arterias interiores da cidade con maior fluxo de circulación”.

“A actuación consistirá na colocación de varios puntos de control ao longo da vía, mediante 5 sensores Bluetooth e 7 cámaras de gravación de intelixencia artificial que dispoñen dunha caixa de batería interna, polo que non resulta necesario conectalas a ningunha rede de alimentación. A súa posta en marcha será, por tanto, sinxela e rápida, pouco invasiva - o que evitará molestias á veciñanza - e nos permitirá, posteriormente, avaliar, nun segundo informe, a pegada de carbono xerada polo tráfico neste punto da capital pero tamén, e sobre todo, buscar solucións para diminuíla”, indicou Méndez.

“O obxectivo é, aproveitando o desdobramento da Avenida Duquesa de Lugo e a súa continuidade nunha próxima segunda fase, que Infanta Helena poida absorber parte do tránsito que actualmente soporta a Avenida da Coruña, para facer desta unha zona máis confortable e habitable para toda a cidadanía e que contribúa a dinamizar ao pequeno comercio”, engadiu a rexedora.

Méndez explicou que os sensores irán situados en mastros, báculos ou semáforos, en diferentes cruzamentos.

“Por unha banda, os dispositivos Bluetooth se encargarán de analizar a orixe, o destino e os tempos de percorrido que realicen os automóbiles por esta zona mentres que as cámaras avaliarán o comportamento do tráfico mediante visión artificial”, explicou.

Tendo en conta a programación semafórica, contaranse e clasificaranse todos os elementos involucrados na mobilidade urbana que transitan pola Avenida da Coruña, diferenciando entre vehículos lixeiros, pesados, autobuses, motos, de mobilidade persoal (incluídas as bicicletas) e tamén os peóns. De xeito que os sensores serán configurados para crear zonas de detección nas interseccións, rotondas e accesos permitindo coñecer as traxectorias que seguen.

Ademais da monitoraxe, o seguimento do servizo executarase con total precisión para posibilitar a interpretación especializada dos datos e a posterior realización de informes, conclusións e recomendacións.

“Toda esa información será trasladada mediante gráficos e histogramas de maneira que poderemos identificar, dunha forma moi visual e intuitiva, cal é a situación que se rexistra na contorna e o comportamento das distintas tipoloxías de tráfico”, referiu Lara Méndez ao tempo que avanzou que o estudo terá en conta factores como o aforo de vehículos ou os xiros que se efectúen en cada cruce.

Os dispositivos, que estarán operativos dende hoxe mesmo e até o próximo 31 de outubro, ubicaranse en distintos puntos da Avenida da Coruña, dende o cruzamento coa Rolda da Muralla; nas proximidades das interseccións con García Abad – Irmáns Carro e Poeta Curros Enríquez – Illas Cíes; ao pasar río Narla fronte ao parque de Frigsa; a altura da rúa Poeta Manuel María, no paso de cebra ao superar a rúa Dolmen cara Ángelo Colocci; na praza Ramón Falcón antes da Rolda Norte e, finalmente, diante do Parque de Bombeiros, en Garabolos.

O custo total dos traballos, que no seu conxunto terán unha duración dun mes, é de 17.250 euros.

Trátase dunha iniciativa vangardista, que vai en consonancia coa nosa marca de cidade e co Plan de Acción no que queda definido o deseño de municipio, onde cada vez colle maior forza a estratexia de creación de zonas de baixas emisións na capital, ben no Casco Histórico, a través dos Fondos Next Generation, ou ao abeiro dos programas Life Lugo + Biodinámico, Dusi – Muramiñae ou Lugo Transforma. Nos que o obxectivo é artellar nunha mesma planificación, a recuperación da economía local e o noso crecemento en base á sostibilidade e á resiliencia fronte ao cambio climático”, concluíu Lara Méndez.

Noticias relacionadas