Lara Méndez dispone la creación de una nueva Ordenanza municipal para regular la homogeneización de las terrazas de hostelería

El documento recogerá las zonas en las que se permite su instalación, así como las dimensiones autorizadas y los materiales que deben emplearse en la búsqueda de una harmonización estética y de un aprovechamiento ponderado del espacio público.

La alcaldesa de Lugo comunicó la medida a los representantes de la APEHL a los que también les anunció el mantenimiento de la exención de la tasa por ocupación de la vía en el 2022.

"Se trata de apostar por la viabilidad del sector, en un momento en el que continúa la incertidume sanitaria, sin descuidar el interés general con medidas que concilien el beneficio empresarial y el cuidado de la ciudad", afirmó la regidora.

Miércoles, 29 de diciembre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez dispone la creación de una nueva Ordenanza municipal para regular la homogeneización de las terrazas de hostelería

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá a creación dunha nova Ordenanza Municipal (de carácter non fiscal) que regulará a homoxeneización das terrazas de hostalaría.

“Un documento no que quedará recollido o marco normativo polo que pasará a rexerse a colocación deste tipo de instalacións tanto no que ten que ver coas zonas autorizadas para ese fin, como o rango de dimensións que poden ter, e mesmo os materiais que se deben empregar co fin de acadar unha harmonización estética en toda a cidade”, explicou a rexedora.

En maio de 2020 Concello de Lugo publicou un bando permitindo aos negocios do sector incrementar o tamaño das súas terrazas, ou habilitalas se non as tiñan. “Unha decisión de carácter temporal que sustentamos na necesidade de apoialos economicamente ao tempo que favoreciamos a recuperación dos encontros sociais, dun xeito máis seguro, ao aire libre. Porén e á vista de que imos convivir coa pandemia de xeito prolongado, quixemos adoptar novos mecanismos que, aínda favorecendo a solvencia destes establecementos, teñan en conta de maneira máis rigorosa a necesidade de compatibilizala co dereito que ten a veciñanza de empregar e gozar dos espazos públicos e de facelo sen obstáculos ou barreiras que lles condicionen o paso”, afirmou Lara Méndez.

A alcaldesa avanzou que o texto comezará a redactarse inmediatamente “co obxectivo de que entre en vigor canto antes e durante o 2022 xa sexa posible apreciar o impacto positivo que esta unificación de criterios terá sobre a imaxe da capital, diminuíndo alén os condicionantes que este permiso provisional supuxo para a mobilidade urbana”, engadiu.

A rexedora trasladou esta mañá a iniciativa aos representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo cos que mantivo un encontro. “Un dos moitos e frecuentes contactos que, de xeito permanente, mantemos co sector para estar ao tanto das súas necesidades e demandas”, sostivo.

Xunto a isto, Méndez lles avanzou tamén que durante o vindeiro exercicio o Concello de Lugo lles manterá a exención da taxa por ocupación de vía pública, para o que será preciso incorporar a correspondente modificación na Ordenanza fiscal.

“Trátase de apostar pola viabilidade destes establecementos, pequenas e medianas empresas que xeran emprego na cidade, das que dependen moitas familias lucenses e para as que continúan as incertezas debido ás oscilacións que sofre a pandemia e que obrigan á imposición e retirada constante de restricións. Ante o contexto actual, de preocupación pola entrada dun novo gromo e o incremento dos contaxios manteremos esta medida, que será revisable e poderá reverterse durante o ano, en función do devir da crise sanitaria”, sinalou a alcaldesa.

Lara Méndez puxo en valor o esforzo de empresarios, autónomos e particulares na contención do virus, a súa afouteza para asumir as limitacións que vai impoñendo a COVID e, nese sentido, pediu á veciñanza que manteña o bo comportamento amosado ata agora “nun exercicio de responsabilidade individual e colectiva que, en datas tan sinaladas coma esta, debemos incluso incrementar polo ben de todas e todos. Dende a Administración local somos coñecedores do esgotamento xerado polas dificultades que estamos a atravesar e, por iso, dende o Executivo estamos a habilitar mecanismos que permitan conciliar a supervivencia e o beneficio empresarial co coidado da cidade sempre en prol do interese xeral”, concluíu a rexedora.

Audio

  • La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre las medidas de la hostelería en el 2022 | Descargar mp3

Noticias relacionadas