Lara Méndez destaca la oportunidad de visualizar el enorme potencial de Lugo como sede de la Copa de la Reina de Voleibol

Viernes, 03 de diciembre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca a oportunidade de visualizar o enorme potencial de Lugo como sede da Copa da Raíña de Voleibol

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, recibiron hoxe na casa do Concello a representantes do Club de Voleibol Emevé. O obxectivo, poñer en valor que a cidade sexa a sede acolledora da Copa da Raíña de voleibol entre os días 11 e 13 de febreiro no Pavillón Municipal, co Arenal Emevé como anfitrión do torneo.  

Ao acto asistiron a presidenta e a vicepresidenta do Emevé, Concepción Bouza Betriu e  Antonia Iglesias, así como as xogagoras Yael Castigione (capitana), Eliana Gonzalez e Mariana Capovilla, xunto con membros do club e os voceiros dos grupos municipais.

A rexedora aproveitou o encontro para destacar “a excelente oportunidade para visualizar o enorme potencial de Lugo á hora de organizar eventos desta magnitude”.

Copa da Raíña de Voleibol.

A Copa da Raíña de Voleibol é a segunda competición española en importancia, aínda que é a máis antiga. A competición iníciase na tempada 1975-76. O torneo é sucesor da Copa do Generalísimo, creada na tempada 1970-71 e do Campionato de España, creado na tempada 1959-60.

Noticias relacionadas