El Gobierno de Lugo avanza en la mejora del bus urbano con la adquisición de nuevas marquesinas

Alexandre Penas: "continuamos mejorando el servicio de transporte público atendiendo a solicitudes del vecindario"

El Gobierno de Lugo saca a concurso la adquisición de 10 nuevas marquesinas, con un precio máximo de licitación de 67.760€

Jueves, 06 de enero de 2022
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El Gobierno de Lugo avanza en la mejora del bus urbano con la adquisición de nuevas marquesinas

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas anunciou que o Goberno de Lugo vén de iniciar o procedemento para adquirir 10 novas marquesinas para o bus urbano. O edil de Infraestruturas explicou que “continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes da veciñanza que reclamaba novas marquesinas en distintas zonas da cidade”.

O Goberno de Lugo vén de sacar a concurso a adquisición de 10 novas marquesinas, que saen cun prezo máximo de 67.760€. As novas marquesinas ubicaranse nas paradas da Avenida Carvalho Calero 18, Avenida de Magoi 69, Avenida de Magoi 23, Rúa San Roque, Ronda da Muralla 118, Obras Públicas, Avenida da Coruña 344, Avenida da Coruña 394, Estrada Vella de Santiago (Balneario) e Rúa Armórica.

“Continuamos a traballar na mellora e ampliación do mobiliario urbano, escoitando as solicitudes da veciñanza e traballando para mellorar a imaxe da cidade”, explicou Alexandre Penas.

As empresas interesadas en acceder a este contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de xaneiro.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre as novas marquesinas | Descargar mp3

Noticias relacionadas