As licenzas irán este mércores á Xunta de Goberno Local.
O Concello de Lugo dará luz verde na Xunta de Goberno Local do vindeiro mércores, 14 de agosto, dúas licenzas de mellora de eficiencia enerxética no IES Muralla Romana de Lugo e no CEIP Casas.
A actuación nos bloques 1,2,3 e 4 suporá á substitución de carpinterías exteriores, o illamento de fachada polo exterior con sistema tipo SATE, illamento térmico en cara inferior de forxados de porches, illamento térmico do forxado de solo de baixo cuberta, instalación de falsos teitos novos en aulas, substitución de luminarias, colocación de válvulas termostáticas en radiadores, obras de mellora e mantemento nos bloques.
En canto o IES Muralla Romana, as obras serán de mellora das condicións de eficiencia enerxética e aseos.
Para o desenvolvemento agora destas actuacións tan necesarias, que serán executadas pola Consellería de Educación, a área de Urbanismo municipal indica que se deberán achegar os oficios de dirección de obra e execución.