Concello e Deputación garanten unha zona de baño pública na capital

Jueves, 09 de junio de 2016
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Concello e Deputación de Lugo garanten unha zona de baño pública na capital luguesa. Así o quixeron deixar claro este xoves a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente, Darío Campos, que adiantaron que están a estudar outras localizacións, pois o Ministerio de Medio Ambiente alertou que non se podía executar este proxecto na zona prevista ao atentar á conservación da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

A Alcaldesa instou ao Presidente da Confederación a que “se aclare, e que deixe de confundir e de tutelar ao Concello de Lugo, que é maior de idade e ten autonomía e capacidade suficientes como para xestionar os seus proxectos e actuacións”. Lara Méndez avanzou que a entidade local e a provincial mantiveron xa varios encontros sobre a área pública de baño e se abordaron “posibles lugares” para acondicionala; “hai que ver cal é o que se adapta mellor, o máis accesible, cómodo e seguro para o cidadán, e respectuoso co medio ambiente”, indicou.

Con respecto á actuación da CHMS, a rexedora lucense subliñou que “non é lóxico que veña onte a Lugo, nesa peregrinaxe electoral, pois cada vez son máis os peregrinos da Xunta que nos veñen a visitar, para dicir que como se nos ocorre que se vai tirar a rotonda de Paradai, cando hai un escrito firmado da súa institución que di que procedamos á súa demolición, un escrito que vamos a recorrer porque, con total seguridade, a rotonda non se vai a demoler”. O presidente da Confederación “veu a dicirnos todo o contrario do informe que nos emiten, que se aclare”, recalcou a Alcaldesa.

Campos Conde subliñou que “é evidente que hai pouca comunicación no Ministerio de Medio Ambiente”, pois o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil demostrou que“non se entera de nada”. O titular provincial explicou que a Deputación de Lugo, como xestora da Reserva da Biosfera de Terras do Miño, recibiu un informe do departamento oficial do Ministerio de Medio Ambiente responsable do control das Reservas da Biosfera de todo o país (que é o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, no que se inclúe o Comité Científico Mab que elaborou o informe), no que se advirte que, en ningún caso, se pode construír pantaláns no entorno fluvial previsto inicialmente porque atenta á zona núcleo (que é a de maior importancia medioambiental) da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.
“Resulta incrible que o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, non coñeza o informe que parte, directamente, do seu mesmo departamento, e ata nos anime, coas advertencias que recibimos do Ministerio, a pedir o permiso para facer este proxecto no mesmo lugar. Tampouco se pode entender que primeiro ordene a demolición da Rotonda de Paradai, cun escrito oficial  e asinado que chegou ao Concello de Lugo, e agora, nesta continúa peregrinación de representantes do PP a Lugo, diga o contrario”. Así o remarcaron Campos Conde e Lara Méndez.

Noticias relacionadas