Adxudícase a ampliación do cemiterio de San Froilán

A obra foi adxudicada por 307.784,34  e terá un prazo de execución de 6 meses
Cristina López sinalou “seguimos traballando para que Lugo conte cun Cemiterio Municipal público e referencial”

Viernes, 20 de diciembre de 2019
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Lugo, 20 de decembro de 2019. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que no día de hoxe se adxudicaron as actuacións para a ampliación do cemiterio de San Froilán. “Realizarase unha das fases que estaban proxectadas para a ampliación do cemiterio”, indicou a edil de participación, que engadiu “dende a área de Participación atendemos a unha necesidade da que se leva falando moito tempo e traballamos para que Lugo conte cun Cemiterio Municipal público e referencial”.
A empresa Excavaciones y Transportes IVANCA S.L. presentou unha oferta de 307.784,34€, partindo dun estimado de 365.415,52€, e terá un prazo de 6 meses para executar a ampliación. Cristina López anunciou que “a vindeira semana aprobaranse na Xunta de Goberno outras accións de mellora no entorno do Cemiterio”.