Pechados os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro por prevención ante a alerta amarela activada por vento

Viernes, 09 de noviembre de 2018
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que dende esta mañá quedaron pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela activada por vento con rachas de ata 70 quilómetros por hora. O peche dos parques manterase inicialmente ata mañá sábado pola mañá, cando está previsto que remate o fenómeno meteorolóxico no interior da provincia.