Lara Méndez destaca a “maior capacidade de adaptación” da Formación Profesional na “sociedade cambiante na que vivimos”

A Alcaldesa participou na inauguración do XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que reúne na cidade entre hoxe e o sábado a docentes, investigadores, estudantes e empresarios

Jueves, 19 de octubre de 2017
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este xoves na inauguración do XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que reúne na cidade entre hoxe e o sábado a docentes, investigadores, estudantes e empresarios para abordar a Formación Profesional Dual: Dúos ou Duetos?

A rexedora, que estivo acompañada polo vicerreitor de Coordinación do Campus lucense, Javier Bueno, o codirector do congreso, Antonio Florencio, o delegado rexional do norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, Antonio Leite, e o director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta, Manuel Corredoira, destacou na súa intervención que a FP “considerada hai anos o irmán pequeno do sistema educativo, alcanzou hoxe a maioría de idade, e mesmo na sociedade cambiante na que vivimos quizáis ten máis capacidade de adaptación”. Méndez asegurou que a FP “forma a grandes profesionais, de maneira máis focalizada nunha profesión ou sector, que son imprescidibles para o tecido productivo dunha cidade como a nosa e dun país”, por iso, engadiu, “este tipo de educación é máis imprescindible ca nunca e, polo tanto, este tipo de congresos ten máis sentido ca nunca”.

Audio