Lara Méndez e Ana González Abelleira súmanse á campaña polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Sábado, 01 de abril de 2017
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, sumáronse á campaña da asociación Capaces Lugo, que busca a concienciación para dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) á sociedade e atraer a atención sobre as necesidades e a realidade das persoas con este trastorno e as súas familias.

Esta campaña coincide coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que terá lugar mañá domingo, 2 de abril, baixo o lema Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible.

A cidadanía que queira participar na campaña de Capaces Lugo, pode subir as súas fotos ou vídeos rompendo o papel que simboliza a ruptura das barreiras polo autismo ás redes sociais co hashtag #DíaMundialAutismo, e enviándoas por WhatsApp ao teléfono 619-17-08-90 ou ao correo electrónico capaceslugo@gmail.com e esta entidade compartiraas nos seus perfís.

Multimedia