O Concello repara o pavimento de dúas rúas nas que se rexistraron fugas de auga

Manuel Núñez deu conta de que se realizan estas actuacións na confluencia das rúas Bernardino Pardo Ouro e Carvalho Calero e na rúa Alexandre Bóveda

Miércoles, 21 de diciembre de 2016
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este mércores do inicio das obras de reparación do pavimento na confluencia das rúas Bernardino Pardo Ouro e Carvalho Calero e na rúa Alexandre Bóveda á altura do Colexio de Paradai.

O Concello acomete de xeito urxente estas actuacións, que comezaron hoxe, debido a que se produciron unhas fugas de auga nestas rúas, que tiveron que ser reparadas polo Servizo Municipal de Augas, polo que agora é preciso repoñer a pavimentación.