Miguel Fernández participa na inauguración das XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas por Seragro

Estas xornadas, nas que se dan cita máis de 700 gandeiros e outros profesionais ligados co sector, contan coas exposicións de diferentes relatores

Jueves, 10 de noviembre de 2016
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández participa na inauguración das XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas por Seragro

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, participou este xoves na inauguración das XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Sociedade Cooperativa Galega Seragro durante hoxe e mañá no auditorio da Facultade de Veterinaria. No acto tamén participaron a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García, a presidenta de Seragro, Noelia García, e a vicedecana da Facultade de Veterinaria, Ana López.

Nestas xornadas danse citan máis de 700 persoas, entre gandeiros e outros profesionais ligados co sector, onde diferentes relatores abordan cuestións relacionadas co manexo e a nutrición de xatas desde o nacemento ata o parto, podoloxía ou a xestión das explotacións gandeiras de Galicia.